O Mapa dos Tesouros

Noticias CC Aberto

Convenio coas emisoras COPE Valdeorras e ONDA CERO Valdeorras Aplícase un desconto do 10% aos asociados de Obarcoaberto centro comercial  que contraten cuñas en calquera das dúas emisoras.

Convenio co Xornal O Sil ano 2000 Aplícase un desconto aos asociados.

Convenio con SOLRED Desconto de 1,8 céntimos euro/litro en gasolina  e de 4,21 céntimos euro/litro en diesel.

Convenio coa entidade Caixanova En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial  benefícianse de condicións especiais en distintos produtos bancarios ofertados pola entidade Caixanova. 

Convenio coa entidade Banesto En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial benefícianse de condicións especiais no que se refire ás comisións polas operacións realizadas con tarxetas de pago.

Convenio con TELEFÓNICA Móbiles.  Fomento do uso da comunicación móbil a través de descontos en chamadas nacionais, internacionais, mensaxes de texto, módulo números propios, módulo números MoviStar.

Campaña Nadal 2007

CAMPAÑA NADAL 2007.

Data: Do 13 de decembro de 2007 ao 5 de xaneiro de 2008.

Tódolos establecementos participantes luciron nas súas fachadas unha girnalda con luces.

Realizouse un sorteo de un talón de 600 € e 16 talóns de 150 €, ademais de unha viaxe á neve para dúas persoas.

Entrega de cartas e sobres de reis aos nenos para que encheran seus datos e as deixaran nas caixas dos correos instalados nas prazas dos concellos de O Barco, A Rúa, Vilamartín e Rubiá.

Organizouse unha xincada familiara promovendo a reciclaxe, a familia gañadora se lle entregou un frigorífico de baixo consumo.

"Convenio Xornal LA REGIÓN": Sorteouse unha viaxe o Caribe para dúas persoas, e unha fin de semana no hotel Oca Galetea & Spa situado en Sanxenxo. O sorteo realizouse o 7 de xaneiro de 2008 ás 13.00 horas nas oficinas da Asociación Centro Comercial Aberto.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 1 - 1 de 15

O Barco, unha realidade....

O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.

Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.

...unha oferta variada, e...

 Hoxe en día, O Barco conta coa máis variada oferta comercial, hostaleira e de lecer, cos produtos de maior calidade, co bo trato e atención personalizada dos profesionais do noso comercio. Os locais tradicionais renóvanse para ofrecer o mellor de antes, de agora e de sempre. Todo o podes atopar no centro aberto, sen saír do Barco. Vivir, mercar, e gozar do tempo de lecer é máis cómodo no noso Centro Comercial Aberto.

...aberto a ti.

Ademais do bo trato co cliente,  a outra característica que define ao noso centro comercial é que é Aberto. As promocións e vantaxes dun centro comercial tradicional, atoparalas nun espacio aberto, renovado, no que ao aire libre podes pasear e satisfacer as túas necesidades e gustos. Ir de compras, tomar un café, gozar dunha boa comida, escoitar música... todo o podes facer no barcoaberto centro comercial, porque somos diferentes, porque estamos abertos a ti, e as túas necesidades.

O Barco Centro Comercial Aberto
Rúa España, nº1  -  32300  -  O Barco de Valdeorras

Tel. 988 321 150
Fax: 988 322 443
obarcocca@obarcoccaberto.com