|
“As compras na túa vila teñen premio” |
|
|
|
|
A Federación Galega de Comercio, a Federación de Comercio de Ourense, a Asociación O Barco Aberto e AEVA presentaron unha campaña de animación ao consumo nas vilas galegas, que baixo o lema "As compras na túa vila teñen premio", desenrolarse en O Barco entre o 26 de outubro e o 7 de novembro. A iniciativa premiará con 3.000 euros a confianza no comercio retallista, sorteándose dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros.
Nas dúas semanas de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional barquense poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na Praza do Concello ou ás promotoras que se atoparán polas rúas da vila, quenes lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o sábado, 7 de novembro, dentro do programa dun Acto Final de campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. O sorteo será ese día ás 19.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.
Destacar ademáis que os clientes que aporten ás promotoras o xustificante de pagar coa Tarxeta Mastercard do Comercio Galego, duplicarán a súa participación, obtendo dous boletos por cada ticket presentado.
A campaña será publicitada a través de cuñas radiofónicas, así como nos establecementos de O Barco, que contarán con carteis e repartirán entre os seus clientes trípticos informativos.
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 2 - 2 de 12 |