 |
|
Data: Os días 28 e 29 de Agosto de 2009, desde ás 19.00 horas ata as 23:00 horas na Praza do Príncipe.
Un total de 14 tendas sobre todo de roupa, calzado e complementos van a participar na feira de peche de rebaixas da temporada primavera-verán coa idea de liquidar o stock que aínda queda nas tendas. Organizáronse ademas varias actividades de carácter lúdico dirixido aos nenos, entre as que se inclúe o espectáculo Un de piratas, a actuación dos pallasos Super Kote e Nono, e a actuación do Mago Teto. O seu horario de inicio será pouco despois da apertura dos postos sobre as 19:30 tanto do Sábado como do Domingo e todas as actividades son de carácter gratuíto.
Emitíronse cuñas nas emisoras de radio Onda Cero Valdeorras e Cope Valdeorras para anunciar dita campaña.
|
|