SORTEO CAMPAÑA NAMORADOS  Cena gratis para nove parellas de namorados O Centro Comercial Aberto de O Barco realizou o día 17 o sorteo de nove ceas gratis para outras tantas parellas dentro da campaña "Namorados 2012" O sorteo realizouse coas 6.000 papeletas repartidas coas ...

A moda de O Barco encheu de 'glamour' o polideportivo A presenza de tres modelos televisivos ambientou a 'Pasarela' del Centro Comercial Aberto O Centro Comercial Aberto de O Barco recreou o mundo de 'Alicia en el País de las Maravillas' sobre o parqué do polideportivo de Calabagueiros, na quinta edición da súa ...

A pasarela de moda deu paso aos máis pequenos As 'Xornadas de Moda' organizadas polo Centro Comercial Aberto de O Barco viviron onte o seu casting infantil, que contou cunha nutrida representación dos valores máis novos da pasarela barquense. O Teatro Loureiro Olmo acolleu o desfile, que deu comezo ás ...

Convenios CCAberto

Convenio RB Soluciones para a adaptación á Lei de Protección de Datos   Convenio de colaboración coa empresa RB Soluciones para a adaptación á Ley de Protección de Datos de Caracter Personal (LOPD), requisito obrigatorio para todalas empresas que almacenen calquer tipo de datos de carácter persoal (datos de clientes, ...

Convenio co Xornal O Sil ano 2000         Aplícase un desconto aos asociados.

Convenio coas emisoras COPE Valdeorras e ONDA CERO Valdeorras         Aplícase un desconto do 10% aos asociados de Obarcoaberto centro comercial  que contraten cuñas en calquera das dúas emisoras.      

Convenio con TELEFÓNICA Móbiles.       Fomento do uso da comunicación móbil a través de descontos en chamadas nacionais, internacionais, mensaxes de texto, módulo números propios, módulo números MoviStar.

Convenio con SOLRED       Desconto de 1,8 céntimos euro/litro en gasolina  e de 4,21 céntimos euro/litro en diesel.

Convenio coa entidade Novacaixagalicia       En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial  benefícianse de condicións especiais en distintos produtos bancarios ofertados pola entidade Novacaixagalicia. Pincha aquí para ver as ...

Convenio coa entidade Banesto     En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial benefícianse de condicións especiais no que se refire ás comisións polas operacións realizadas con tarxetas de pago.

Aquí hay Amor PDF Imprimir E-Mail
Aquí hai amor!, Aquí namóraste cada día.
Aquí convidámoste a unha cea romántica

Aquí hay Amor
Continuando coa filosofía da Campaña de Namorados de 2010, este ano premiaremos de novo a creatividade cun concurso no que os clientes do Centro Comercial Aberto deberán responder a 3 preguntas sobre a súa declaración de amor (Onde declaraches o teu amor?, como foi?, como che gustaría?).

Os cartóns distribúense durante os días 7 ao 14 de febreiro nos establecementos pertencentes á Asociación.
Aos autores das mellores declaracións de amor obsequiaráselles cunha cea, para 2 persoas, que servirán os restaurantes do Centro Comercial Aberto.

Ademais os días 10, 11 e 12 de febreiro, os establecementos de hostalería do Centro Comercial Aberto animarán o ambiente de San Valentín con música na rúa para gozar en grupo, con outros amigos do viño.., e nun ambiente festivo, xunto cun taller gastronómico onde os clientes poderán degustar pinchos exóticos.

Tamén se repartirán cartóns para que os clientes enchan cos seus datos e indiquen a quen queren convidar a cear, e adhesivos con corazóns (“corazón libre/corazón ocupado”) para que os clientes se divirtan buscando o seu “corazón xemelgo”. Entre os cartóns participantes nesta promoción da hostalería, sortearanse ceas (para o gañador e para a parella que elixise para cear), que servirán os restaurantes do Centro Comercial Aberto.

Os gañadores das ceas son os seguintes:

  ANNA en FERRETERÍA PEREIRA
  Mª CARMEN R. LÓPEZ en NOVEDADES MARIBEL
  ANA ÁLVAREZ en BOUTIQUE GLORY
  ANA A. GARCÍA RODRÍGUEZ en FLORISTERÍA MARÍA
  VICTOR ENRÍQUEZ RODRÍGUEZ en LA OCASIÓN
  EDUARDO PÉREZ en MERCERÍA LA RUBIA 

  SUSANA LÓPEZ en EL CAFETÍN
  ELI BRASA en CASA GALAICA
  RUBÉN ANDRADE en EL SUEÑO HÚMEDO
  LUTGARDA PARADELO en A COVA
  SALUD RODRÍGUEZ en LA PAMPA
  CARLOS FERNÁNDEZ en FERNANDO III 
 
 
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Siguiente > Final >>

Resultados 4 - 4 de 5

O Barco, unha realidade....

O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.

Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.

...unha oferta variada, e...

 Hoxe en día, O Barco conta coa máis variada oferta comercial, hostaleira e de lecer, cos produtos de maior calidade, co bo trato e atención personalizada dos profesionais do noso comercio. Os locais tradicionais renóvanse para ofrecer o mellor de antes, de agora e de sempre. Todo o podes atopar no centro aberto, sen saír do Barco. Vivir, mercar, e gozar do tempo de lecer é máis cómodo no noso Centro Comercial Aberto.

...aberto a ti.

Ademais do bo trato co cliente,  a outra característica que define ao noso centro comercial é que é Aberto. As promocións e vantaxes dun centro comercial tradicional, atoparalas nun espacio aberto, renovado, no que ao aire libre podes pasear e satisfacer as túas necesidades e gustos. Ir de compras, tomar un café, gozar dunha boa comida, escoitar música... todo o podes facer no barcoaberto centro comercial, porque somos diferentes, porque estamos abertos a ti, e as túas necesidades.

O Barco Centro Comercial Aberto
Rúa España, nº1  -  32300  -  O Barco de Valdeorras

Tel. 988 321 150
Fax: 988 322 443
obarcocca@obarcoccaberto.com