As tendas tamén abriron onte pola mañá, o que aumentou as vendas, segundo os comerciantes O amplo horario beneficiou á feira de rebaixas de O Barco.

Mercaberto saca de novo as súas tendas á rúa O mercado desta edición contará coa presenza de 15 establecementos adheridos á asociación comercial “Obarcoaberto”

Dazasete comercios expoñen os seus productos hoxe e mañá na praza do Príncipe A segunda edición do Mercaberto celebrararase o longo da tarde de hoxe e de mañá no Barco de Valdeorras.

Noticias CC Aberto

Convenio con SOLRED Desconto de 1,8 céntimos euro/litro en gasolina  e de 4,21 céntimos euro/litro en diesel.

Convenio con TELEFÓNICA Móbiles.  Fomento do uso da comunicación móbil a través de descontos en chamadas nacionais, internacionais, mensaxes de texto, módulo números propios, módulo números MoviStar.

Convenio co Xornal O Sil ano 2000 Aplícase un desconto aos asociados.

Convenio coas emisoras COPE Valdeorras e ONDA CERO Valdeorras Aplícase un desconto do 10% aos asociados de Obarcoaberto centro comercial  que contraten cuñas en calquera das dúas emisoras.

Convenio coa entidade Caixanova En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial  benefícianse de condicións especiais en distintos produtos bancarios ofertados pola entidade Caixanova. 

Convenio coa entidade Banesto En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial benefícianse de condicións especiais no que se refire ás comisións polas operacións realizadas con tarxetas de pago.

Como gastar 1.000 € nunha fin de semana
campana-1000-euros-2008.jpg

XA SABES COMO GASTAR 1.000 € NUNHA FIN DE SEMANA.

Data: Do 1 o 15 de xuño do 2008.

Sorteo de un talón de 1.000 € que poderá gastar durante unha fin de semana en calquera dos establecementos asociados.

Para ter dereito ao premio, o gañador debe presentar 5 tickets de compra obtidos en 5 establecementos diferenes dos asociados ao Centro Comercial Aberto. Os 5 tickets corresponderán a compras realizadas entre os días 1 e 15 do mes de xuño.

O sorteo celebrouse o día 20 de xuño as 13.00 horas nas oficinas da Asociación Centro Comercial Aberto. 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 6 - 6 de 11

O Barco, unha realidade....

O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.

Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.

...unha oferta variada, e...

 Hoxe en día, O Barco conta coa máis variada oferta comercial, hostaleira e de lecer, cos produtos de maior calidade, co bo trato e atención personalizada dos profesionais do noso comercio. Os locais tradicionais renóvanse para ofrecer o mellor de antes, de agora e de sempre. Todo o podes atopar no centro aberto, sen saír do Barco. Vivir, mercar, e gozar do tempo de lecer é máis cómodo no noso Centro Comercial Aberto.

...aberto a ti.

Ademais do bo trato co cliente,  a outra característica que define ao noso centro comercial é que é Aberto. As promocións e vantaxes dun centro comercial tradicional, atoparalas nun espacio aberto, renovado, no que ao aire libre podes pasear e satisfacer as túas necesidades e gustos. Ir de compras, tomar un café, gozar dunha boa comida, escoitar música... todo o podes facer no barcoaberto centro comercial, porque somos diferentes, porque estamos abertos a ti, e as túas necesidades.

O Barco Centro Comercial Aberto
Rúa España, nº1  -  32300  -  O Barco de Valdeorras

Tel. 988 321 150
Fax: 988 322 443
obarcocca@obarcoccaberto.com