O Mapa dos Tesouros

Noticias CC Aberto

Convenio co Xornal O Sil ano 2000 Aplícase un desconto aos asociados.

Convenio con TELEFÓNICA Móbiles.  Fomento do uso da comunicación móbil a través de descontos en chamadas nacionais, internacionais, mensaxes de texto, módulo números propios, módulo números MoviStar.

Convenio con SOLRED Desconto de 1,8 céntimos euro/litro en gasolina  e de 4,21 céntimos euro/litro en diesel.

Convenio coa entidade Banesto En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial benefícianse de condicións especiais no que se refire ás comisións polas operacións realizadas con tarxetas de pago.

Convenio coas emisoras COPE Valdeorras e ONDA CERO Valdeorras Aplícase un desconto do 10% aos asociados de Obarcoaberto centro comercial  que contraten cuñas en calquera das dúas emisoras.

Convenio coa entidade Caixanova En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial  benefícianse de condicións especiais en distintos produtos bancarios ofertados pola entidade Caixanova. 

Historia PDF Imprimir E-Mail

A Asociación obarcoaberto centro comercial  iniciou a  súa andadura no ano 2004, co obxectivo de contribuír a mellorar e dinamizar o actual sistema comercial tradicional do municipio do Barco de Valdeorras.

Aínda que os comezos son sempre complicados, contamos coa inestimable colaboración do Concello do Barco, a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), a Dirección Xeral de Comercio e outras institucións, tanto públicas como privadas, que depositaron a súa confianza en aquel ilusiónante proxecto, convertido hoxe en realidade.

Dende o principio, os obxectivos da Asociación estiveron claros:

     - Mellorar ás condicións dos establecementos
     - Ampliar os servizos que prestamos
    - Facilitar, ao máximo posible, as compras dos clientes, a través dun trato personalizado no ambiente máis propicio.
     - Dinamizar a actividade dos sectores do comercio, hostalería e servizos.
     - Converter a nosa vila nun auténtico Centro Comercial.

E para isto,  desenvolvemos  distintas campañas publicitarias, xogos infantís, animación polas rúas, promocións, ofertas, sorteos, agasallos, etc.

Incluso, fixemos un anuncio de televisión no que invitamos a toda Galicia a coñecer o noso querido Barco e a  súa estupenda zona comercial.

 

O Barco, unha realidade....

O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.

Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.

...unha oferta variada, e...

 Hoxe en día, O Barco conta coa máis variada oferta comercial, hostaleira e de lecer, cos produtos de maior calidade, co bo trato e atención personalizada dos profesionais do noso comercio. Os locais tradicionais renóvanse para ofrecer o mellor de antes, de agora e de sempre. Todo o podes atopar no centro aberto, sen saír do Barco. Vivir, mercar, e gozar do tempo de lecer é máis cómodo no noso Centro Comercial Aberto.

...aberto a ti.

Ademais do bo trato co cliente,  a outra característica que define ao noso centro comercial é que é Aberto. As promocións e vantaxes dun centro comercial tradicional, atoparalas nun espacio aberto, renovado, no que ao aire libre podes pasear e satisfacer as túas necesidades e gustos. Ir de compras, tomar un café, gozar dunha boa comida, escoitar música... todo o podes facer no barcoaberto centro comercial, porque somos diferentes, porque estamos abertos a ti, e as túas necesidades.

O Barco Centro Comercial Aberto
Rúa España, nº1  -  32300  -  O Barco de Valdeorras

Tel. 988 321 150
Fax: 988 322 443
obarcocca@obarcoccaberto.com