Noticias CC Aberto
| A castaña e o diseño de moda centraron a asamblea do Centro Comercial Aberto |
|
|
|
|
La Región, 19 de decembro de 2009
O Centro Comercial Aberto apostou polos creadores e polos produtos da zona na súa asemblea anual. No programa de actividades do próximo ano destaca a promoción dos deseñadores locais no desfile de modas.
"Non lle pode negar a crise"
A presidenta do Centro Comercial Aberto, Charo López, agradeceu a colaboración mostrada polos asociados, a quen pediu "que sigan apoiando". A empresaria barquense non eludiu referirse aos problemas que atravesa a economía. "Non lle pode negar a crise", indicou. Sen embargo, apunta que a maioría dos comerciantes están conseguindo saír adiante, con máis ou menos problemas. Engadiu que os pequenos industriais de O Barco non están acusando tanto como as grandes empresas os efectos do declive da economía.
|
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.





