Convenios CCAberto
| A moda de O Barco encheu de 'glamour' o polideportivo |
|
|
|
|
A presenza de tres modelos televisivos ambientou a 'Pasarela' del Centro Comercial Aberto O Centro Comercial Aberto de O Barco recreou o mundo de 'Alicia en el País de las Maravillas' sobre o parqué do polideportivo de Calabagueiros, na quinta edición da súa 'Pasarela de Moda'. Por segundo ano consecutivo, a ameaza de choiva obligou a cambiar a súa ubicación e abandoar o seu esceario habitual da Praza do Concello. Este inconvinte foi compensado polo desembarco de modelos, habituais nos 'reality shows'.
Adriana Abenia Gracia cambioi o micrófono do programa de
'corazón' no que traballa como reporteira polo da 'Pasarela'
barquense. A ela tamén se subiron Óscar Casado e Silvia Rellán,
outras dúas caras sobradamente coñecidas na televisión, que desfilaron
con outros 14 modelos, entre os cales están os dos que foron elexidos nun casting, en O Barco. O desfile completárono 24 nenos e nenas.
Fonte: La Región
|
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.





