Buscador

Galería Multimedia

O Mapa dos Tesouros
A moda de O Barco encheu de 'glamour' o polideportivo A presenza de tres modelos televisivos ambientou a 'Pasarela' del Centro Comercial Aberto O Centro Comercial Aberto de O Barco recreou o mundo de 'Alicia en el País de las Maravillas' sobre o parqué do polideportivo de Calabagueiros, na quinta edición da súa ...

A pasarela de moda deu paso aos máis pequenos As 'Xornadas de Moda' organizadas polo Centro Comercial Aberto de O Barco viviron onte o seu casting infantil, que contou cunha nutrida representación dos valores máis novos da pasarela barquense. O Teatro Loureiro Olmo acolleu o desfile, que deu comezo ás ...

Os xóvenes deseñadores estrenanse en O Barco   A exposición 'Novos Creadores' abriu o programa de actividades que acompaña á 'Pasarela O Barco 2011', que se desenrolará o vindeiro 6 de maio e que organiza o Centro Comercial Aberto barquense, que preside Rosario López. Entre os traballos ...

Convenios CCAberto

Convenio RB Soluciones para a adaptación á Lei de Protección de Datos   Convenio de colaboración coa empresa RB Soluciones para a adaptación á Ley de Protección de Datos de Caracter Personal (LOPD), requisito obrigatorio para todalas empresas que almacenen calquer tipo de datos de carácter persoal (datos de clientes, ...

Convenio co Xornal O Sil ano 2000         Aplícase un desconto aos asociados.

Convenio coas emisoras COPE Valdeorras e ONDA CERO Valdeorras         Aplícase un desconto do 10% aos asociados de Obarcoaberto centro comercial  que contraten cuñas en calquera das dúas emisoras.      

Convenio con TELEFÓNICA Móbiles.       Fomento do uso da comunicación móbil a través de descontos en chamadas nacionais, internacionais, mensaxes de texto, módulo números propios, módulo números MoviStar.

Convenio con SOLRED       Desconto de 1,8 céntimos euro/litro en gasolina  e de 4,21 céntimos euro/litro en diesel.

Convenio coa entidade Novacaixagalicia       En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial  benefícianse de condicións especiais en distintos produtos bancarios ofertados pola entidade Novacaixagalicia. Pincha aquí para ver as ...

Convenio coa entidade Banesto     En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial benefícianse de condicións especiais no que se refire ás comisións polas operacións realizadas con tarxetas de pago.

A pasarela de moda aumentou os clientes nos comercios PDF Imprimir E-Mail
As catro edicións da 'Pasarela de Moda', que organiza o Centro Comercial Aberto de O Barco, repercutiron favorablemente nos establecementos asociados.

Así o estimou a presidenta da asociación, Charo López, quen indicou que a organización do citado evento favorece a captación de clientes das comarcas próximas de Trives, O Bierzo e mesmo Viana. 'Non van a Verín, veñen aquí', comentou.

A empresaria barquense enmarca esta captación de clientes dentro do ambiente de crise que vive a zona, causada en boa medida polos malos momentos que atravesou un sector da lousa que comeza a recuperarse.

'Se un sementa, ao final recolle', apuntou Charo López, quen engadiu que 'dentro da crise que hai, o comercio móvese e a xente vén'. Seguidamente, atribuía este movemento á 'Pasarela', pois apunta que 'por ela saben que nos movemos e a xente dos arredores vénnos, conciencíase máis'.

Na edición deste ano, que se desenvolveu en maio, participaron 30 socios do Centro Comercial Aberto. 'O ano pasado captei algún movemento. Este foi unha marabilla', comentou.

SOCIOS

Na actualidade, o colectivo empresarial de O Barco aglutina a 106 asociados. A súa presidenta aprecia que, nos últimos meses, os industriais que abren un negocio acoden inmediatamente a inscribirse na asociación.

 

Fuente: Redacción. O Barco

 

O Barco, unha realidade....

O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.

Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.

...unha oferta variada, e...

 Hoxe en día, O Barco conta coa máis variada oferta comercial, hostaleira e de lecer, cos produtos de maior calidade, co bo trato e atención personalizada dos profesionais do noso comercio. Os locais tradicionais renóvanse para ofrecer o mellor de antes, de agora e de sempre. Todo o podes atopar no centro aberto, sen saír do Barco. Vivir, mercar, e gozar do tempo de lecer é máis cómodo no noso Centro Comercial Aberto.

...aberto a ti.

Ademais do bo trato co cliente,  a outra característica que define ao noso centro comercial é que é Aberto. As promocións e vantaxes dun centro comercial tradicional, atoparalas nun espacio aberto, renovado, no que ao aire libre podes pasear e satisfacer as túas necesidades e gustos. Ir de compras, tomar un café, gozar dunha boa comida, escoitar música... todo o podes facer no barcoaberto centro comercial, porque somos diferentes, porque estamos abertos a ti, e as túas necesidades.

O Barco Centro Comercial Aberto
Rúa España, nº1  -  32300  -  O Barco de Valdeorras

Tel. 988 321 150
Fax: 988 322 443
obarcocca@obarcoccaberto.com