Buscador

Galería Multimedia

O Mapa dos Tesouros
SORTEO CAMPAÑA NAMORADOS  Cena gratis para nove parellas de namorados O Centro Comercial Aberto de O Barco realizou o día 17 o sorteo de nove ceas gratis para outras tantas parellas dentro da campaña "Namorados 2012" O sorteo realizouse coas 6.000 papeletas repartidas coas ...

A moda de O Barco encheu de 'glamour' o polideportivo A presenza de tres modelos televisivos ambientou a 'Pasarela' del Centro Comercial Aberto O Centro Comercial Aberto de O Barco recreou o mundo de 'Alicia en el País de las Maravillas' sobre o parqué do polideportivo de Calabagueiros, na quinta edición da súa ...

A pasarela de moda deu paso aos máis pequenos As 'Xornadas de Moda' organizadas polo Centro Comercial Aberto de O Barco viviron onte o seu casting infantil, que contou cunha nutrida representación dos valores máis novos da pasarela barquense. O Teatro Loureiro Olmo acolleu o desfile, que deu comezo ás ...

Convenios CCAberto

Convenio RB Soluciones para a adaptación á Lei de Protección de Datos   Convenio de colaboración coa empresa RB Soluciones para a adaptación á Ley de Protección de Datos de Caracter Personal (LOPD), requisito obrigatorio para todalas empresas que almacenen calquer tipo de datos de carácter persoal (datos de clientes, ...

Convenio co Xornal O Sil ano 2000         Aplícase un desconto aos asociados.

Convenio coas emisoras COPE Valdeorras e ONDA CERO Valdeorras         Aplícase un desconto do 10% aos asociados de Obarcoaberto centro comercial  que contraten cuñas en calquera das dúas emisoras.      

Convenio con TELEFÓNICA Móbiles.       Fomento do uso da comunicación móbil a través de descontos en chamadas nacionais, internacionais, mensaxes de texto, módulo números propios, módulo números MoviStar.

Convenio con SOLRED       Desconto de 1,8 céntimos euro/litro en gasolina  e de 4,21 céntimos euro/litro en diesel.

Convenio coa entidade Novacaixagalicia       En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial  benefícianse de condicións especiais en distintos produtos bancarios ofertados pola entidade Novacaixagalicia. Pincha aquí para ver as ...

Convenio coa entidade Banesto     En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial benefícianse de condicións especiais no que se refire ás comisións polas operacións realizadas con tarxetas de pago.

As rebaixas e os veraneantes salvan o comercio PDF Imprimir E-Mail
Un estudo da Cámara Ourensá desvela un lixeiro repunte de vendas en O Barco e Verín

As rebaixas do período estival e o aumento de poboación durante os meses de verán foron dous dos factores que contribuíron a que os comerciantes de Verín e O Barco 'soporten' as vendas no segundo cuadrimestre do ano, 'incrementando lixeiramente as vendas', apuntan dende a Cámara de Comercio de Ourense que onte presentou senllos informes que, sobre o comercio local, elaboraron as Antenas destas dúas vilas.

O estudo de valoración, iniciado no ano 2009, persegue analizar a incidencia da crise no comercio local, así como as estratexias dos comerciantes. Segundo o estudo, neste segundo cuadrimestre do ano, a principal diferenza entre os comerciantes de ambas localidades é a dispar valoración sobre o período de rebaixas. 'Mellores ou iguais que con respecto ás do 2009 para o 62% dos enquisados en Verín, e peores para o 57% dos empresarios de Valdeorras', apuntan dende a Cámara de Comercio. A pesar da crise, a maioría dos comerciantes verineses afirmaban cumprir as súas expectativas de venda durante o período de rebaixas. No caso de O Barco, aínda que é certo que aumentaron o volume de vendas para unha terceira parte dos comerciantes enquisados (27%), as rebaixas finalizaron con peores resultados que en 2009. Onde si coinciden os comerciantes de ambos municipios ourensáns é na necesidade de apostar pola formación como unha das estratexias a seguir para ser máis competitivos.      

comercios_o_barco.jpgPrezos, beneficios e emprego

 Como medida de contención do gasto, o 60% dos comerciantes de Verín confesou non realizar ningún investimento nos seus establecementos, só un cinco por cento incrementou o seu persoal laboral e un nove por cento tivo que despedir a algún empregado. Sobre os prezos, o 70% asegurou que permaneceron invariables, un 17% reduciunos e o 13% optou pola subida. En canto ás previsións a curto prazo, un 37% dos comerciantes pensa obter a mesma cifra de vendas de aquí a final de ano, o 84% seguirá cos mesmos prezos e o 90 % pensa manter o persoal actual.   No caso de Valdeorras, a contención do gasto e a campaña de rebaixas axudaron ao comercio valdeorrés a salvar este segundo cuadrimestre do ano. Segundo subliñan os enquisados, o 38% do comercio viu diminuír as súas vendas, o 96% segue apostando por manter o emprego, o 51% non variou os prezos e o 52% tampouco realizou investimentos no negocio. Con todo, a comparación entre o primeiro e segundo cuadrimestre arroxa un dato positivo: incrementáronse as vendas (do 6 ao 27%), aínda que á conta de reducir os prezos (24% ao 42%). Outra das cuestións que preocupa ao comercio barquense é a existencia de certas 'trabas' que limitan a súa actividade. Para o 42% non existen estas dificultades, mentres o 58% considera que si as hai. Desta porcentaxe, o 93% dos enquisados segue vendo á área comercial de Ponferrada como o principal competidor.   335 comerciantesSon os que participaron na elaboración do informe que as antenas locais desenvolveron durante a segunda metade do mes de setembro, dos cales 159 eran de Valdeorras e 179 de Verín.  Entre o 40-63%É a porcentaxe dos comerciantes que se vei afectado a falta de pagamentos. Un problema engadido á súa actividade diaria, o da morosidade, que afecta a un 40% dos comercios de Verín e ao 6% dos comerciantes de O Barco, ambos nun nivel medio-baixo.

LA REGIÓN - O BARCO 12-10-2010

 

O Barco, unha realidade....

O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.

Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.

...unha oferta variada, e...

 Hoxe en día, O Barco conta coa máis variada oferta comercial, hostaleira e de lecer, cos produtos de maior calidade, co bo trato e atención personalizada dos profesionais do noso comercio. Os locais tradicionais renóvanse para ofrecer o mellor de antes, de agora e de sempre. Todo o podes atopar no centro aberto, sen saír do Barco. Vivir, mercar, e gozar do tempo de lecer é máis cómodo no noso Centro Comercial Aberto.

...aberto a ti.

Ademais do bo trato co cliente,  a outra característica que define ao noso centro comercial é que é Aberto. As promocións e vantaxes dun centro comercial tradicional, atoparalas nun espacio aberto, renovado, no que ao aire libre podes pasear e satisfacer as túas necesidades e gustos. Ir de compras, tomar un café, gozar dunha boa comida, escoitar música... todo o podes facer no barcoaberto centro comercial, porque somos diferentes, porque estamos abertos a ti, e as túas necesidades.

O Barco Centro Comercial Aberto
Rúa España, nº1  -  32300  -  O Barco de Valdeorras

Tel. 988 321 150
Fax: 988 322 443
obarcocca@obarcoccaberto.com