Convenios CCAberto
| As tendas tamén abriron onte pola mañá, o que aumentou as vendas, segundo os comerciantes |
|
|
|
|
O amplo horario beneficiou á feira de rebaixas de O Barco.
Iso si, a tarde foi máis frouxa, algo que xa se esperaban os comerciantes, “porque moita xente vaise os fins de semana, sobre todo á praia, con esta calor”. De feito, os 35 graos que marcaban os termómetros as oito non convidaban demasiado a probarse roupa, e aínda así, os probadores instalados na praza tiveron decenas de visitas durante os últimos días. A capital valdeorresa pechaba así a súa tempada de rebaixas, cos ollos postos agora na colección de outono.
La Voz de Galicia, 22 de agosto de 2010 |
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.





A ampliación de horario (ademais das sete da tarde a once da noite, onte púidose en marcha o da mañá, de dez a dous) beneficiou os resultados da feira final de rebaixas que o Centro Comercial Aberto de O Barco celebrou o venres e onte na praza do Príncipe. O paso de clientes foi continuo durante toda a mañá “e a maioría da xente viña coa intención de comprar, non só de mirar” comentaba o presidente, Charo López.
