Convenios CCAberto
| Dous barquenses viaxarán de balde a París para ver Roland Garros. |
|
La Región, 19 de maio de 2009.
A presidenta da Asociación Centro Comercial Aberto do Barco, Charo López, realizou a entrega do premio dunha viaxe a París para dúas persoas, correspondente ao concurso que organizou a cadea Onda Cero en colaboración co colectivo empresarial barquense. O concurso gañouno Margarita Alejandre, cunha papeleta recollida na tenda Novidades maribel do Barco. A súa propietaria tamén acudiu á entrega do premio, que se desenvolveu na emisora barquense. A viaxe a París forma parte da campaña "Camiño a Roland Garros" que organizou Onda Cero en Ourense, Carballiño e Verín. No Barco, sumouse o Centro Comercial Aberto. Fonte: http://www.laregion.es |
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.


