Buscador

Galería Multimedia

O Mapa dos Tesouros
SORTEO CAMPAÑA NAMORADOS  Cena gratis para nove parellas de namorados O Centro Comercial Aberto de O Barco realizou o día 17 o sorteo de nove ceas gratis para outras tantas parellas dentro da campaña "Namorados 2012" O sorteo realizouse coas 6.000 papeletas repartidas coas ...

A moda de O Barco encheu de 'glamour' o polideportivo A presenza de tres modelos televisivos ambientou a 'Pasarela' del Centro Comercial Aberto O Centro Comercial Aberto de O Barco recreou o mundo de 'Alicia en el País de las Maravillas' sobre o parqué do polideportivo de Calabagueiros, na quinta edición da súa ...

A pasarela de moda deu paso aos máis pequenos As 'Xornadas de Moda' organizadas polo Centro Comercial Aberto de O Barco viviron onte o seu casting infantil, que contou cunha nutrida representación dos valores máis novos da pasarela barquense. O Teatro Loureiro Olmo acolleu o desfile, que deu comezo ás ...

Convenios CCAberto

Convenio RB Soluciones para a adaptación á Lei de Protección de Datos   Convenio de colaboración coa empresa RB Soluciones para a adaptación á Ley de Protección de Datos de Caracter Personal (LOPD), requisito obrigatorio para todalas empresas que almacenen calquer tipo de datos de carácter persoal (datos de clientes, ...

Convenio co Xornal O Sil ano 2000         Aplícase un desconto aos asociados.

Convenio coas emisoras COPE Valdeorras e ONDA CERO Valdeorras         Aplícase un desconto do 10% aos asociados de Obarcoaberto centro comercial  que contraten cuñas en calquera das dúas emisoras.      

Convenio con TELEFÓNICA Móbiles.       Fomento do uso da comunicación móbil a través de descontos en chamadas nacionais, internacionais, mensaxes de texto, módulo números propios, módulo números MoviStar.

Convenio con SOLRED       Desconto de 1,8 céntimos euro/litro en gasolina  e de 4,21 céntimos euro/litro en diesel.

Convenio coa entidade Novacaixagalicia       En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial  benefícianse de condicións especiais en distintos produtos bancarios ofertados pola entidade Novacaixagalicia. Pincha aquí para ver as ...

Convenio coa entidade Banesto     En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial benefícianse de condicións especiais no que se refire ás comisións polas operacións realizadas con tarxetas de pago.

Economía/Industria PDF Imprimir E-Mail

Valdeorras pide axudas para competir co Bierzo en oferta de chan industrial


O metro cadrado no Barco é máis caro que no Bayo, Bembibre ou Toral

F.L. / Ponferrada
A oferta de chan industrial no Bierzo é moito máis competitiva que a da veciña comarca de Valdeorras,  o que motivou a protesta dos empresarios valdeorreses ante a Xunta de Galicia, á que acusan de pasividade e á que piden que habilite as liñas de axuda necesarias para que se produza un abaratamento no chan industrial desta comarca ourensá co fin de que non perda continuamente competitividade co Bierzo, o que leva a fuga de empresas aos polígonos de Bembibre, do Bayo, de Camponaraya e da Rozada, segundo publica hoxe o diario A Rexión.
Os empresarios que pretenden instalarse no parque empresarial da Raña, no Barco de Valdeorras, deben abonar 70 euros por metro cadrado, mentres que por ese mesmo metro cadrado págase no polígono industrial do Bierzo Alto, en San Román de Bembibre, a 60 euros por metro cadrado.
No polígono de Camponaraya, outra das grandes áreas industriais de expansión no Bierzo, o metro cadrado das últimas parcelas vendidas pagouse a 50 euros, cifra que se rebaixa a 40 euros o metro cadrado nas parcelas do macropolígono do Bayo, que desenvolven conxuntamente os concellos de Cubillos del Sil e de Ponferrada.
Por último, o prezo do metro cadrado no polígono da Rozada, en Toral dos Vaos oscila entre 12 e 15 euros.
Para o presidente da asociación de Empresarios de Valdeorras, Javier Rodríguez Paradelo, estas diferenzas de prezo son enormes: "Coa diferenza de prezo que existe constrúese parte dunha nave", asegura, e manifesta tallante: "Teñen que abaratar o chan. A diferenza é brutal", algo que está a constituír un lastre, tendo en conta de que Valdeorras é unha das comarcas produtora e exportadora de lousa máis importante do mundo, cunha denominación de orixe de viño propia e unha activa produción industrial que está a sufrir pola competencia dos polígonos bercianos, que, en xeral gozan de subvencións máis ou menos cuantiosas correspondentes aos fondos Miner dos que carece Valdeorras.
Nese sentido, os empresarios piden unha liña de axudas que permita a Valdeorras competir en igualdade co Bierzo en materia de chan industrial, algo ao que se comprometeu no seu día a Xunta, pero que ata o de agora non levou a cabo: "Somos a zona máis industrial da provincia e canto máis tempo tardemos máis van perder a provincia e Galicia", sinala Javier Rodríguez.

A Crónica de León .- 16/10/2010

 

O Barco, unha realidade....

O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.

Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.

...unha oferta variada, e...

 Hoxe en día, O Barco conta coa máis variada oferta comercial, hostaleira e de lecer, cos produtos de maior calidade, co bo trato e atención personalizada dos profesionais do noso comercio. Os locais tradicionais renóvanse para ofrecer o mellor de antes, de agora e de sempre. Todo o podes atopar no centro aberto, sen saír do Barco. Vivir, mercar, e gozar do tempo de lecer é máis cómodo no noso Centro Comercial Aberto.

...aberto a ti.

Ademais do bo trato co cliente,  a outra característica que define ao noso centro comercial é que é Aberto. As promocións e vantaxes dun centro comercial tradicional, atoparalas nun espacio aberto, renovado, no que ao aire libre podes pasear e satisfacer as túas necesidades e gustos. Ir de compras, tomar un café, gozar dunha boa comida, escoitar música... todo o podes facer no barcoaberto centro comercial, porque somos diferentes, porque estamos abertos a ti, e as túas necesidades.

O Barco Centro Comercial Aberto
Rúa España, nº1  -  32300  -  O Barco de Valdeorras

Tel. 988 321 150
Fax: 988 322 443
obarcocca@obarcoccaberto.com