|
A presenza de tres modelos televisivos ambientou a 'Pasarela' del Centro Comercial Aberto
O Centro Comercial Aberto de O Barco recreou o mundo de
'Alicia en el País de las Maravillas' sobre o parqué do polideportivo
de Calabagueiros, na quinta edición da súa 'Pasarela de Moda'. Por
segundo ano consecutivo, a ameaza de choiva obligou a cambiar a súa
ubicación e abandoar o seu esceario habitual da Praza do Concello.
Este inconvinte foi compensado polo desembarco de modelos,
habituais nos 'reality shows'.
Adriana Abenia Gracia cambioi o micrófono do programa de
'corazón' no que traballa como reporteira polo da 'Pasarela'
barquense. A ela tamén se subiron Óscar Casado e Silvia Rellán,
outras dúas caras sobradamente coñecidas na televisión, que desfilaron
con outros 14 modelos, entre os cales están os dos que foron elexidos nun casting, en O Barco. O desfile completárono 24 nenos e nenas.
O mundo do deseño estivo representado por Juana Zorrilla, que
confeccionou un dos vestidos da periodista Mercedes Milá, e polos barquenses Ana Paradelo, Rubén González e Irene Lameiro. Antes do
desfile, Marisú Miranda ofreceu unha charla dende Estados Unidos por
videoconferencia.
O acto do Centro Comercial Aberto que presidiu Rosario López asistiron
1.400 persoas, que tamén disfrutaron coas cancións de Irene
Pérez.
Fonte: La Región
|
|
As 'Xornadas de Moda' organizadas polo Centro Comercial Aberto de
O Barco viviron onte o seu casting infantil, que contou cunha nutrida
representación dos valores máis novos da pasarela barquense.
 O Teatro Loureiro Olmo acolleu o desfile, que deu comezo ás 18,30
horas e entre cuxos participantes se escolleu aos 20 nenos que o
próximo día 6 de maio tomarán parte na gran pasarela que realizarán
xunto cos adultos, que tamén vivían o seu propio casting, pero xa de
madrugada.
O obxectivo 'é ter un fondo de modelos para seguir coa pasarela', explica Rosario López, membro da organización deste evento.
Ademais de ambas as pasarelas, estas 'Xornadas de moda' inclúen a
exposición 'Novos Creadores', na aula de Novacaixagalicia, que reúne
diversas creacións no ámbito da moda, incluído un traxe creado
especialmente para Mercedes Milá e un dos seus programas de 'Gran
Irmán', que permanecerá aberta até o vindeiro venres 6 de maio.

Fonte: La Región
|
A exposición 'Novos Creadores' abriu o programa de
actividades que acompaña á 'Pasarela O Barco 2011', que se
desenrolará o vindeiro 6 de maio e que organiza o Centro Comercial
Aberto barquense, que preside Rosario López. Entre os traballos
expostos na sala de exposicións de Novacaixagalicia poden verse
varios de novos creadores barquenses. Son Ana Paradelo, Rubén González
e Irene Lameiro, aínda que ó acto inaugural tan só puido acudir esta última,
que se mostrou moi contenta de ser invitada por segunda vez.
A exposición inclúe as creacións dos estudiantes de
Perruquería do Instituto Lauro Olmo, que dirixe Amparo Folla. Ademáis, a
mostra exhibe traballos das escolas Superiores de Deseño e Moda
'Esdemga' e Goymar.
Na inauguración, Charo López salientou a aposta polo turismo que
supón a incorporación do sector hostaleiro. Pola súa banda, o alcalde,
Alfredo García, destacou a importancia da actividade comercial e da
hostalería para a economía da comarca.
|
|
A moda de O Barco será foco de atracción turística
O Centro Comercial Aberto crea un paquete especial para a súa pasarela
LA REGIÓN - o barco - 27-04-2011
A 'Pasarela primavera-verano', que o Centro Comercial Aberto de O
Barco fixou para o 6 de maio, rebasará o ámbito da moda este ano. A
organización das 'Xornadas da Moda', que se desenrolarán entre o
28 de abril e o 6 de maio, complementounas coa organización dun
paquete turístico, dirixido a captar visitantes.
|
|
Ler máis...
|
|
O comercio local impulsa unha canteira de modelos noveles
La región - o BARCO - 09-04-2011
Dous modelos aficionados participarán na 'V Pasarela O
Barco 2011'. Esta é unha das novidades que introduxo o Centro
Comercial Aberto, que preside Rosario López, a quen acompañaron
Antonio e José Bugallo, da empresa VEP, responsable da
organización do evento fijado para o 6 de maio.
|
|
Ler máis...
|
|
Dous barquense poderán desfilar na pasarela do centro comercial aberto
Os gañadores dun certame de beleza a celebrar o día 30 serán a imaxe do CCA durante un ano
La Voz - O Barco - María Cobas -8/4/2011
|
|
Ler máis...
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Siguiente > Final >>
|
| Resultados 1 - 6 de 47 |