Buscador

Galería Multimedia

O Mapa dos Tesouros

¡Grazas!

... a todos os que mercan na comarca, aos que favorecen o seu futuro, aos que benefician a contorna, o valor da casa, a calidade da vida.

A todos os que solicitan servizos na vila, fomentan o seu progreso e incrementan a súa posibilidades de crecemento e mellora.


Porque é tempo de darvos as grazas.

É hora de recoñecer o que é teu.

As tendas tamén abriron onte pola mañá, o que aumentou as vendas, segundo os comerciantes O amplo horario beneficiou á feira de rebaixas de O Barco.

Mercaberto saca de novo as súas tendas á rúa O mercado desta edición contará coa presenza de 15 establecementos adheridos á asociación comercial “Obarcoaberto”

Dazasete comercios expoñen os seus productos hoxe e mañá na praza do Príncipe A segunda edición do Mercaberto celebrararase o longo da tarde de hoxe e de mañá no Barco de Valdeorras.

Noticias CC Aberto

Convenio coa entidade Caixanova En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial  benefícianse de condicións especiais en distintos produtos bancarios ofertados pola entidade Caixanova. 

Convenio coas emisoras COPE Valdeorras e ONDA CERO Valdeorras Aplícase un desconto do 10% aos asociados de Obarcoaberto centro comercial  que contraten cuñas en calquera das dúas emisoras.

Convenio co Xornal O Sil ano 2000 Aplícase un desconto aos asociados.

Convenio con TELEFÓNICA Móbiles.  Fomento do uso da comunicación móbil a través de descontos en chamadas nacionais, internacionais, mensaxes de texto, módulo números propios, módulo números MoviStar.

Convenio coa entidade Banesto En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial benefícianse de condicións especiais no que se refire ás comisións polas operacións realizadas con tarxetas de pago.

Convenio con SOLRED Desconto de 1,8 céntimos euro/litro en gasolina  e de 4,21 céntimos euro/litro en diesel.

Contador de Visitas

mod_vvisit_counterHoxe21
mod_vvisit_counterOnte27
mod_vvisit_counterEste mes258
mod_vvisit_counterDende Nov 0816945
O Barco reivindícase a ritmo de cabaret PDF Imprimir E-Mail

La Región, 9 de maio de 2009.

 

A Praza do Concello do Barco vestiuse de "cabaret" para reivindicar o comercio da vila diante da veciña comarca berciana. A Pasarela 2009, que este recreou o ambiente do "Moulin Rouge", congregou a unhas 2.000 persoas, quen riron os chistes de Moncho Borrajo e berraron aos modelos, entre eles outro ourensán, Iván Cabrera, quen practicamente se despediu na vila barquense do título de Míster  Universo. Pero tamén foi aplaudida a ex modelo barquense Diana Ortiz e os 15 nenos que desfilaron.

“Veña, non vaiades a Ponferrada a comprar!”, protestou onte no Barco o ourensán Moncho Borrajo. “Que se decaten os de Ponferrada que O Barco está aquí, e os de Monforte e os de Ourense”, exclamaba pouco despois. O humorista presentou a “Pasarela 2009”, que organiza o Centro Comercial Aberto barquense e que este ano foi ambientada ao máis puro estilo cabareteiro. De aí a súa denominación de “Moulin Rouge”, en lembranza do local parisiense.

A música de cabaret non faltou nun espectáculo que comezaba cun número de ballet e coa aparición de Moncho Borrajo cantando en galego “ourensán”.

Non obstante, foron nenos do Barco, os 15 que saíron escollidos por sorteo, os que abriron o desfile. Durante máis dunha hora, unhas 2.000 persoas asistiron á exhibición dos artigos que ofrecen as 30 tendas que participaron no desfile. Entre o público tamén houbo bercianos, polo menos así considerouno a presidenta do Centro Comercial Aberto do Barco. “Veciños do Bierzo, benvidos ao Barco”, dixo Charo López na súa breve intervención.

As súas palabras foron aplaudidas polo público, pero non ergueron os berros que escoitaron os 15 modelos que participaron no desfile. Dous deles foron os que se levaron as ovacións máis soadas. En primeiro lugar, Iván Cabrera, que deixou de ser Míster Universo 2008 fai un par de semanas, co que o pase do Barco practicamente foi a súa despedida do título. Pero tamén se levou os aplausos dos asistentes Diana Ortiz, a ex modelo barquense, que desfilou entre aplausos.

As bromas de Moncho Borrajo e algunha que outra reprimenda aos que interrompían os seus chistes de “maricas” e políticos puxeron o sal e pementa a un evento que chegou a seu terceira edición. Foi o colofón dunha xornada intensa e que se desenvolveu segundo o programa preparado polos empresarios, diante da atenta mirada dos voluntarios de Protección Civil, sanitarios da ambulancia do 061 barquense e da Policía Local.

Para esta edición, a organización colocou un milleiro de cadeiras, que non foron suficientes para dar asento a todos os asistentes. Nas primeiras filas, reservadas ás autoridades, puido verse a responsables das federacións galega e ourensá de comercio, do Inorde e ao alcalde barquense, entre outras.

Fonte: http://www.laregion.es/

 

Campañas Realizadas. Centro Comercial Aberto

2010       2009      2008       2007     2006

O Barco, unha realidade....

O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.

Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.

...unha oferta variada, e...

 Hoxe en día, O Barco conta coa máis variada oferta comercial, hostaleira e de lecer, cos produtos de maior calidade, co bo trato e atención personalizada dos profesionais do noso comercio. Os locais tradicionais renóvanse para ofrecer o mellor de antes, de agora e de sempre. Todo o podes atopar no centro aberto, sen saír do Barco. Vivir, mercar, e gozar do tempo de lecer é máis cómodo no noso Centro Comercial Aberto.

...aberto a ti.

Ademais do bo trato co cliente,  a outra característica que define ao noso centro comercial é que é Aberto. As promocións e vantaxes dun centro comercial tradicional, atoparalas nun espacio aberto, renovado, no que ao aire libre podes pasear e satisfacer as túas necesidades e gustos. Ir de compras, tomar un café, gozar dunha boa comida, escoitar música... todo o podes facer no barcoaberto centro comercial, porque somos diferentes, porque estamos abertos a ti, e as túas necesidades.

O Barco Centro Comercial Aberto
Rúa España, nº1  -  32300  -  O Barco de Valdeorras

Tel. 988 321 150
Fax: 988 322 443
obarcocca@obarcoccaberto.com