Buscador
Galería Multimedia
¡Grazas!
|
... a todos os que mercan na comarca, aos que favorecen o seu futuro, aos que benefician a contorna, o valor da casa, a calidade da vida.
|
Noticias CC Aberto
Contador de Visitas
![]() | Hoxe | 23 |
![]() | Onte | 30 |
![]() | Este mes | 163 |
![]() | Dende Nov 08 | 16850 |
| Cabaré barquense á última moda. |
|
|
|
|
La Voz de Galicia, 9 de maio de 2009.
Trinta establecementos adheridos ao Centro Comercial Aberto presentaron as tendencias para a tempada nun desfile inspirado en Moulin Rouge.
O sempre animado Lady Marmalade no frenético cabaré parisiense serviu para quentar o ambiente, que o humorista Moncho Borrajo encargouse de manter (cos seus chistes sobre a homosexualidade, os políticos e o sexo). Borrajo e os modelos, porque os máis mozos non dubidaron en piropear aos maniquíes en cada un dos seus paseos pola pasarela, instalada na praza do Concello barquense. As 1.000 cadeiras colocadas polo CCA non chegaron a nada, e foron moitos os que gozaron do desfile de pé. Sobre a alfombra vermella foron pasando as tendencias para esta primavera. Os nenos, en cores pastel, con concesións ao vermello. As mozas, con saias e pantalóns supercortos para o día a día (o bikini faise imprescindible para tomar o sol) e con vestidos algo máis recatados para a noite (e a festa). Colorido e alegría para a roupa, que nos homes tamén ten a súa vertente desenfadada, pero que recorre ao traxe de chaqueta cando se trata dunha ocasión especial.
Fonte: http://www.lavozdegalicia.es |
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.










