Convenios CCAberto
| Mercaberto saca de novo as súas tendas á rúa |
|
|
|
|
O mercado desta edición contará coa presenza de 15 establecementos adheridos á asociación comercial “Obarcoaberto”
O Mercaberto tamén abrirá as súas portas en xornada dobre, pola mañá a partir das 10 e até as 14 horas, para volver esta mesma tarde a partir das 19 e até as 23 horas da noite, coa posibilidade de estirar un pouco máis o seu horario.
A estas se engaden o espectáculo de animación “Elixir Máxico” e a demostración de maxia por parte do meigo Polo.
La Región, 21 de Agosto de 2010 |
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.





nte deu comezo a segunda edición de “Mercaberto” na Praza do Príncipe de O Barco. Na presente campaña contan con 15 casetas, entre os que se atopan tendas de roupa, xoiarías, mercerías, así como tendas de complementos e calzados.
Pero non todo serán vendas e compras, senón que os asistentes tamén poderán gozar das actuacións que a asociación de empresarios do centro comercial “Obarcoaberto” preparou para esta campaña, entre elas a do “The Piccole Theatre” e a representación de bonecos “Historias de Monicreques”, ambas as da man da compañía Teatro de Marionetas Trécola.
