Convenios CCAberto
| Namorados 2011 |
|
|
|
|
O Centro Comercial Aberto entregou os seus últimos premios
LR - O Barco - 24-02-2011 A Campaña de Namorados 2011, que organizou o comercio da Asociación Empresarial Valdeorras, cerrouse coa entrega dos premios. Premiados no sorteo
Os gañadores da 'Campaña de Namorados 2011', do Centro Comercial Aberto, recolleron onte os premios. O colectivo que preside Rosario López regalou 12 ceas para dúas persoas nos restaurantes asociados: Nobuk Café, Fernando III e Casa Galaica. Os premiados desfrutarán das invitacións o vindeiro sábado. |
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.





