Convenios CCAberto
| O Barco saca a rúa as súas rebaixas |
|
|
|
|
La Voz de Galicia, 29 de Agosto do 2009
Roupa, calzado, complementos e ata oferta de viaxes pódese encontrar na praza do Príncipe.
O espectáculo "Unha de piratas" foi o encargado de abrir o programa de actuacións dirixidas a entreter aos máis pequenos da casa mentres os seus pais compran. Hoxe haberá un novo pase, a partir das sete, e actuarán tamén os pallasos Superkote e Nono, e o Mago Teto.
|
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.






