Noticias CC Aberto
| O Centro Comercial Aberto celebrou a súa festa da espuma |
|
|
|
|
La Región, 1 de julio de 2009
A Praza do Concello do Barco acolleu unha nova edición da Festa 'da Espuma ', que organiza o Centro Comercial Aberto.
Numerosos nenos do Barco deronse cita onte día 30 de xuño pola tarde na Praza do Concello para asistir á Festa "dá espuma". Un ano máis, a convocatoria partiu do Centro Comercial Aberto, que preside Charo López. Durante a festa, un canón de espuma artificial encheu o recinto valado situado ante o consistorio, nunha actividade que xa forma parte do programa anual desta asociación empresarial barquense. |
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.





