Noticias CC Aberto
| O comercio de O Barco sorteará 3.000 euros entre os seus clientes |
|
|
|
|
La Región 27 de Outubro de 2009
Os comercios barquenses de AEVA e os locais do Centro Comercial Aberto sortearán 3.000 euros entre a súa clientela durante as vindeiras dúas semanas, nunha campaña que organiza a Federación Galega de Comercio.
Co obxectivo de dinamizar o sector do comercio durante a crise, a Federación Galega de Comercio programou a campaña "As compras na túa vila teñen premio", na que colaboran as federacións provinciais de Comercio, a Dirección xeral de Comercio e Caixa Galicia. Onte era presentada en O Barco, onde lle desenvolverá ata o sete de novembro.
|
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.





