Convenios CCAberto
| Os comerciantes barquenses sacan a rúa os seus produtos con rebaixas de ata o 70% |
|
|
|
|
La Región, 27 de Agosto de 2009
O Centro Comercial Aberto de O Barco organiza mañá e pasado a primeira edición de Mercaberto, unha iniciativa que expon a venda os últimos artigos de tempada do comercio barquense a prezos moi rebaixados ata o 70%, conxugando a oferta comercial coa lúdica. Durante os días do evento, aconteceranse os espectáculos dirixidos aos máis pequenos como actuacións de pallasos, todo co obxectivo de dinamizar a actividade comercial a nivel municipal durante o período de crise.
|
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.






