Buscador

Galería Multimedia

O Mapa dos Tesouros
As tendas tamén abriron onte pola mañá, o que aumentou as vendas, segundo os comerciantes O amplo horario beneficiou á feira de rebaixas de O Barco.

Mercaberto saca de novo as súas tendas á rúa O mercado desta edición contará coa presenza de 15 establecementos adheridos á asociación comercial “Obarcoaberto”

Dazasete comercios expoñen os seus productos hoxe e mañá na praza do Príncipe A segunda edición do Mercaberto celebrararase o longo da tarde de hoxe e de mañá no Barco de Valdeorras.

Noticias CC Aberto

Convenio coa entidade Banesto En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial benefícianse de condicións especiais no que se refire ás comisións polas operacións realizadas con tarxetas de pago.

Convenio con TELEFÓNICA Móbiles.  Fomento do uso da comunicación móbil a través de descontos en chamadas nacionais, internacionais, mensaxes de texto, módulo números propios, módulo números MoviStar.

Convenio co Xornal O Sil ano 2000 Aplícase un desconto aos asociados.

Convenio con SOLRED Desconto de 1,8 céntimos euro/litro en gasolina  e de 4,21 céntimos euro/litro en diesel.

Convenio coas emisoras COPE Valdeorras e ONDA CERO Valdeorras Aplícase un desconto do 10% aos asociados de Obarcoaberto centro comercial  que contraten cuñas en calquera das dúas emisoras.

Convenio coa entidade Caixanova En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial  benefícianse de condicións especiais en distintos produtos bancarios ofertados pola entidade Caixanova. 

Os comerciantes do Barco apostan por "iniciativas innovadoras" para os seus negocios. PDF Imprimir E-Mail

La Región, 6 de junio de 2009

A xunta directiva solicitou propostas creativas aos 104 asociados do Centro Comercial Aberto.

Os socios do Centro Comercial Aberto do Barco foron convocados pola xunta directiva para que presenten propostas "innovadoras" co obxecto de mellorar os seus negocios. A iniciativa busca novos proxectos, baseados nos existentes.

Los comerciantes se reunieron en la Casa Riocigüeño.

O salón de actos da Casa Riocigüeño foi escenario onte da reunión convocada pola presidenta da Asociación Centro Comercial Aberto do Barco, Charo López. A cita busca "poñer en común iniciativas innovadoras que melloren os negocios", segundo afirmou.

Durante a reunión, os comerciantes e hostaleiros asociados tomaron nota das propostas. Nas próximas horas, A directiva analizaraas para determinar tanto a súa viabilidade como a súa posible posta en marcha.

"Van opinar os 104 asociados", comenta a presidenta do colectivo. Charo López, ao que engade "ás veces só decidimos as oito persoas que formamos a directiva pero isto é como unha empresa de 104 negocios. Hai que unirse para buscar solucións. Trátase de traballar xuntos".

Nun principio, as "iniciativas innovadoras" irán encamiñadas á promoción do Centro Comercial Aberto, un colectivo que organiza moi distintas campañas ao longo do ano, desde a Pasarela de Moda ata sorteos de todo tipo. "Trátase de facer cousas novas baseadas nas vellas", explica Charo López, quen resalta a resposta que está atopando no colectivo que preside.

As propostas que os asociados propuxeron non serán coñecidas ata que a xunta directiva se reuna para analizalas, o que acontecerá nos próximos días.

Fonte: http://www.laregion.es

 

O Barco, unha realidade....

O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.

Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.

...unha oferta variada, e...

 Hoxe en día, O Barco conta coa máis variada oferta comercial, hostaleira e de lecer, cos produtos de maior calidade, co bo trato e atención personalizada dos profesionais do noso comercio. Os locais tradicionais renóvanse para ofrecer o mellor de antes, de agora e de sempre. Todo o podes atopar no centro aberto, sen saír do Barco. Vivir, mercar, e gozar do tempo de lecer é máis cómodo no noso Centro Comercial Aberto.

...aberto a ti.

Ademais do bo trato co cliente,  a outra característica que define ao noso centro comercial é que é Aberto. As promocións e vantaxes dun centro comercial tradicional, atoparalas nun espacio aberto, renovado, no que ao aire libre podes pasear e satisfacer as túas necesidades e gustos. Ir de compras, tomar un café, gozar dunha boa comida, escoitar música... todo o podes facer no barcoaberto centro comercial, porque somos diferentes, porque estamos abertos a ti, e as túas necesidades.

O Barco Centro Comercial Aberto
Rúa España, nº1  -  32300  -  O Barco de Valdeorras

Tel. 988 321 150
Fax: 988 322 443
obarcocca@obarcoccaberto.com