Convenios CCAberto
| Os xóvenes deseñadores estrenanse en O Barco |
|
|
|
|
A exposición 'Novos Creadores' abriu o programa de actividades que acompaña á 'Pasarela O Barco 2011', que se desenrolará o vindeiro 6 de maio e que organiza o Centro Comercial Aberto barquense, que preside Rosario López. Entre os traballos expostos na sala de exposicións de Novacaixagalicia poden verse varios de novos creadores barquenses. Son Ana Paradelo, Rubén González e Irene Lameiro, aínda que ó acto inaugural tan só puido acudir esta última, que se mostrou moi contenta de ser invitada por segunda vez.
A exposición inclúe as creacións dos estudiantes de
Perruquería do Instituto Lauro Olmo, que dirixe Amparo Folla. Ademáis, a
mostra exhibe traballos das escolas Superiores de Deseño e Moda
'Esdemga' e Goymar. |
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.





