Buscador

Galería Multimedia

O Mapa dos Tesouros
SORTEO CAMPAÑA NAMORADOS  Cena gratis para nove parellas de namorados O Centro Comercial Aberto de O Barco realizou o día 17 o sorteo de nove ceas gratis para outras tantas parellas dentro da campaña "Namorados 2012" O sorteo realizouse coas 6.000 papeletas repartidas coas ...

A moda de O Barco encheu de 'glamour' o polideportivo A presenza de tres modelos televisivos ambientou a 'Pasarela' del Centro Comercial Aberto O Centro Comercial Aberto de O Barco recreou o mundo de 'Alicia en el País de las Maravillas' sobre o parqué do polideportivo de Calabagueiros, na quinta edición da súa ...

A pasarela de moda deu paso aos máis pequenos As 'Xornadas de Moda' organizadas polo Centro Comercial Aberto de O Barco viviron onte o seu casting infantil, que contou cunha nutrida representación dos valores máis novos da pasarela barquense. O Teatro Loureiro Olmo acolleu o desfile, que deu comezo ás ...

Convenios CCAberto

Convenio RB Soluciones para a adaptación á Lei de Protección de Datos   Convenio de colaboración coa empresa RB Soluciones para a adaptación á Ley de Protección de Datos de Caracter Personal (LOPD), requisito obrigatorio para todalas empresas que almacenen calquer tipo de datos de carácter persoal (datos de clientes, ...

Convenio co Xornal O Sil ano 2000         Aplícase un desconto aos asociados.

Convenio coas emisoras COPE Valdeorras e ONDA CERO Valdeorras         Aplícase un desconto do 10% aos asociados de Obarcoaberto centro comercial  que contraten cuñas en calquera das dúas emisoras.      

Convenio con TELEFÓNICA Móbiles.       Fomento do uso da comunicación móbil a través de descontos en chamadas nacionais, internacionais, mensaxes de texto, módulo números propios, módulo números MoviStar.

Convenio con SOLRED       Desconto de 1,8 céntimos euro/litro en gasolina  e de 4,21 céntimos euro/litro en diesel.

Convenio coa entidade Novacaixagalicia       En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial  benefícianse de condicións especiais en distintos produtos bancarios ofertados pola entidade Novacaixagalicia. Pincha aquí para ver as ...

Convenio coa entidade Banesto     En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial benefícianse de condicións especiais no que se refire ás comisións polas operacións realizadas con tarxetas de pago.

Paquete turístico PDF Imprimir E-Mail

A moda de O Barco será foco de atracción turística

 

O Centro Comercial Aberto crea un paquete especial para a súa pasarela

LA REGIÓN - o barco - 27-04-2011
 
A 'Pasarela primavera-verano', que o Centro Comercial Aberto de O Barco fixou para o 6 de maio, rebasará o ámbito da moda este ano. A organización das 'Xornadas da Moda', que se desenrolarán entre o 28 de abril e o 6 de maio, complementounas coa organización dun paquete turístico, dirixido a captar visitantes. 

A implicación dos hosteleiros permite combinar a oferta dos menús especiais de seis establecementos, cos pinchos de dez bares e cafeterías, xunto coa novidade dos 'cócteles sen', que non levarán alcohol e que poderán consumirse nos mesmos locais. Completa o paquete turístico o anuncio de oito lugares para durmir dende o 29 de abril ó 1 de maio e entre o 6 e o 8 de maio.

Luisa López, Rosario López y Ángel Álvarez, durante la presentación de las 'Xornadas de Moda'. (Foto: L.B.)

 As 'Xornadas' propiamente ditas incluen as exposicións de 'Novos Creadores', con traballos de Ana Paradelo, Rubén González e Irene Lameiro, ademáis dos de Jandro Villa. Estes días de 'moda' tamén permitirán contemplar as creacións da Escola Goymar e de Juana Zorrilla, incluindo o vestido que esta deseñadora realizou para Mercedes Milá, presentadora de 'Gran Hermano'.

O programa foi presentado onte por Rosario López, Luisa López e Ángel Álvarez, presidenta, xerente e vocal do Centro Comercial Aberto, respectivamente. A organización conta co apoio da Dirección Xeral de Comercio, Concello, Aeva e Deputación.

 

O Barco, unha realidade....

O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.

Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.

...unha oferta variada, e...

 Hoxe en día, O Barco conta coa máis variada oferta comercial, hostaleira e de lecer, cos produtos de maior calidade, co bo trato e atención personalizada dos profesionais do noso comercio. Os locais tradicionais renóvanse para ofrecer o mellor de antes, de agora e de sempre. Todo o podes atopar no centro aberto, sen saír do Barco. Vivir, mercar, e gozar do tempo de lecer é máis cómodo no noso Centro Comercial Aberto.

...aberto a ti.

Ademais do bo trato co cliente,  a outra característica que define ao noso centro comercial é que é Aberto. As promocións e vantaxes dun centro comercial tradicional, atoparalas nun espacio aberto, renovado, no que ao aire libre podes pasear e satisfacer as túas necesidades e gustos. Ir de compras, tomar un café, gozar dunha boa comida, escoitar música... todo o podes facer no barcoaberto centro comercial, porque somos diferentes, porque estamos abertos a ti, e as túas necesidades.

O Barco Centro Comercial Aberto
Rúa España, nº1  -  32300  -  O Barco de Valdeorras

Tel. 988 321 150
Fax: 988 322 443
obarcocca@obarcoccaberto.com