Convenios CCAberto
| Pasarela de Moda 2011 |
|
|
|
|
O comercio local impulsa unha canteira de modelos noveles La región - o BARCO - 09-04-2011 Dous modelos aficionados participarán na 'V Pasarela O Barco 2011'. Esta é unha das novidades que introduxo o Centro Comercial Aberto, que preside Rosario López, a quen acompañaron Antonio e José Bugallo, da empresa VEP, responsable da organización do evento fijado para o 6 de maio.
Os aspirantes poderán inscribirse na 'web' denominada
'www.pasarelaobarco.com' ou na sede da asociación. O 30 de abril
serán citados ó casting do que sairán os dous modelos. 'Queremos
formar unha canteira de modelos', dixo José Bugallo. Ese día tamén se
elixirán os nenos que desfilarán.
|
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.





