Convenios CCAberto
| Pasarela de Moda 2011 |
|
|
|
|
Dous barquense poderán desfilar na pasarela do centro comercial aberto
Os gañadores dun certame de beleza a celebrar o día 30 serán a imaxe do CCA durante un ano
La Voz - O Barco - María Cobas -8/4/2011
O desfile que desde fai cinco anos organiza o Centro Comercial Aberto de
O Barco para mostrar as tendencias de cara á tempada de verán
incorporará nesta edición como novidade a presenza de modelos da
localidade.
Dous mozos (maiores de 16) poderán facer os seus primeiros pasos na pasarela prevista para o 6 de maio. Antes deberán pasar un casting para o que xa está aberto o prazo de inscrición e que se desenvolverá o 30 deste mes. Tamén os nenos que habitualmente desfilan serán elixidos nesta ocasión por profesionais (e non por sorteo, como até agora). Os interesados en apuntarse poden facelo a través da páxina web www.pasarelaobarco.com. Durante un ano, ademais, os mozos gañadores do concurso converteranse na imaxe corporativa do centro comercial aberto, segundo avanzou a súa presidenta, Charo López, na presentación da pasarela (xunto a dous representantes da empresa organizadora). Envolvidos nun escenario inspirado en "Alicia no país das marabillas", 15 maniquíes mostrarán as propostas de moda, calzado, complementos, perruquería e estética de cara ó verán. Onte mesmo reuniuse a directiva cos comerciantes para presentarlles a proposta, ante a que se mostraron «receptivos e ilusionados», dixo López, que calculou que participarán ao redor de 30 negocios. Pero non todo vai ser moda, na pasarela tamén haberá espazo para a música en directo da man da cantante Irene Pérez. Semana da moda Como na edición pasada, o desfile irá precedido por unha semana dedicada á moda, na que haberá un oco especial para os novos deseñadores. Será a través dunha exposición cos traxes das escolas de moda de Galicia, así como cun desfile no que, entre outros, estarán o traxe que Mercedes Milá levaba posto no primeiro programa de Gran Irmán 12, obra de Juana Zorrilla. Tamén terán o seu oco cos alumnos do ciclo de perruquería do IES Lauro Olmo. Ademais, como novidade nesta edición, a sección de hostalería do CCA está a traballar na elaboración dun paquete turístico «coa intención de atraer visitantes á nosa vila» durante o primeiro fin de semana de maio, engadía a presidenta da entidade. Nesta oferta incluirase desde o aloxamento e menús saudables até unha ruta de petiscos e outra de cócteles. |
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.





