Convenios CCAberto
| SORTEO CAMPAÑA NAMORADOS |
|
|
|
|
Cena gratis para nove parellas de namorados O Centro Comercial Aberto de O Barco realizou o día 17 o sorteo de nove ceas gratis para outras tantas parellas dentro da campaña "Namorados 2012" O sorteo realizouse coas 6.000 papeletas repartidas coas compras realizadas nos comercios e establecementos do Barco, entre os días 3 e 14 de febreiro, Día dos Namorados. Os gañadores gozarna da correspondente cea para dous nos establecementos Cafetería Dock, Casa Galaica, Nobuk Café, Pazo do Castro,Tapería Al Natural o restaurante Fernando III. Os agraciados no sorteo, xunto coas tres parellas premiadas na I Carreira por Parellas obarconamora, cenarán o sábado día 25 de febreiro. Con esta iniciativa, o comercio valdeorrés quixo premiar a fidelidade dos seus clientes con motivo do día de San Valentín
Fonte: La Región
|
O Barco, unha realidade....
O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.
Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.





