O Mapa dos Tesouros

Noticias CC Aberto

Convenio co Xornal O Sil ano 2000 Aplícase un desconto aos asociados.

Convenio coa entidade Caixanova En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial  benefícianse de condicións especiais en distintos produtos bancarios ofertados pola entidade Caixanova. 

Convenio con TELEFÓNICA Móbiles.  Fomento do uso da comunicación móbil a través de descontos en chamadas nacionais, internacionais, mensaxes de texto, módulo números propios, módulo números MoviStar.

Convenio coas emisoras COPE Valdeorras e ONDA CERO Valdeorras Aplícase un desconto do 10% aos asociados de Obarcoaberto centro comercial  que contraten cuñas en calquera das dúas emisoras.

Convenio coa entidade Banesto En virtude do dito convenio os socios do obarcoaberto centro comercial benefícianse de condicións especiais no que se refire ás comisións polas operacións realizadas con tarxetas de pago.

Convenio con SOLRED Desconto de 1,8 céntimos euro/litro en gasolina  e de 4,21 céntimos euro/litro en diesel.

Outras PDF Imprimir E-Mail

• Real Decreto 1081/2009, de 3 de xullo, polo que se regula a concesión directa de subvencións para a adquisición de ciclomotores e motocicletas, Plan MOTO-E de apoio á renovación do parque de vehículos de dúas rodas. 

Resolución do 30 de xuño de 2009 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ás Pemes, autónomos e particulares para a renovación de automóbiles con achatarramento de automóbiles antigos (Plan Remóvete Galicia).

Resolución do 16 de marzo de 2009 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que establece un programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Inversiones (BEI). 

Resolución do 13 de marzo de 2009 pola que se regulan as bases para a concesión de axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero e procédese á súa convocatoria. 

Resolución do 2 de marzo de 2009 pola que se regulan as bases e o procedemento para a concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, das indemnizacións, de pagamento único, a favor das mulleres que sofren violencia de xénero e/ou das menores ou persoas dependentes afectadas pola mesma, ao abeiro do previsto no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e procédese á súa convocatoria. 

Orde de 27 de febreiro de 2009 pola que establécense as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para o ano 2009 do réxime de concesión de subvencións a empresas que realicen investimentos encamiñadas á prevención e redución da contaminación a través de melloras tecnolóxicas aplicadas a procesos, cambios nas materias primas e/ou produtos, así como ao reutilización ou valorización non enerxética. 

Orde de 27 de febreiro de 2009 pola que se convoca e se regula o réxime de concesión de axudas a Pemes de Galicia para o financiamento de investimentos encamiñadas á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.

 Orde do 23 de febreiro de 2009 pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para o remate exterior de vivendas unifamiliares rurais de nova construción.

 Orde do 18 de febreiro de 2009 pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia.

 Subvencións para a posta en funcionamento, mellora ou ampliación de comercios de venda polo miúdo que estean situados ou se vaian situar nas zonas urbanas do Barco, A Rúa e Viana do Bolo.

Orde do 22 de decembro de 2008 pola que se convocan as subvencións que se poderán outorgar no exercicio 2009 ao abeiro do Decreto 48/2006, do 23 de febreiro, que regula o programa de vivenda en aluguer.

• Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2008 e 2009 as axudas aos traballadores residentes en Galicia para a contratación dun seguro de pagamentos protexidos.

Real Decreto 2066/2008 do 12 de decembro, polo que regula o Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.

Resolución do 26 de novembro de 2008, da Secretaría de Estado de Turismo, pola que se publica o Acordo de Consello de Ministros do 21 de novembro de 2008, polo que se establece a normativa reguladora dos préstamos previstos no Plan de Renovación de Instalacións Turísticas (Plan Renove Turismo), do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.


 

 

O Barco, unha realidade....

O Barco concentra a vida comercial da comarca de Valdeorras. Obarcoaberto centro comercial nace coa vocación de dar a oportunidade aos habitantes e visitantes da comarca de poder contar cun lugar máis atraínte e satisfactorio para facer a súas compras. Os empresarios do comercio, hostalería e servizos do Barco ofrecen aos seus clientes unha atención personalizada nun espazo renovado e cheo de vantaxes.

Da un paseo polo centro do Barco, fai as compras e aproveita os momentos de lecer, porque o barco centro comercial aberto é un lugar de encontro para a vida empresarial e social da comarca. Un centro aberto a ti, aberto a todos.

...unha oferta variada, e...

 Hoxe en día, O Barco conta coa máis variada oferta comercial, hostaleira e de lecer, cos produtos de maior calidade, co bo trato e atención personalizada dos profesionais do noso comercio. Os locais tradicionais renóvanse para ofrecer o mellor de antes, de agora e de sempre. Todo o podes atopar no centro aberto, sen saír do Barco. Vivir, mercar, e gozar do tempo de lecer é máis cómodo no noso Centro Comercial Aberto.

...aberto a ti.

Ademais do bo trato co cliente,  a outra característica que define ao noso centro comercial é que é Aberto. As promocións e vantaxes dun centro comercial tradicional, atoparalas nun espacio aberto, renovado, no que ao aire libre podes pasear e satisfacer as túas necesidades e gustos. Ir de compras, tomar un café, gozar dunha boa comida, escoitar música... todo o podes facer no barcoaberto centro comercial, porque somos diferentes, porque estamos abertos a ti, e as túas necesidades.

O Barco Centro Comercial Aberto
Rúa España, nº1  -  32300  -  O Barco de Valdeorras

Tel. 988 321 150
Fax: 988 322 443
obarcocca@obarcoccaberto.com