ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE OBARCOABERTO CENTRO COMERCIAL

ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA DE OBARCOABERTO CENTRO COMERCIAL

A Directora  Xeral de Comercio e Consumo, Sol Mª Vázquez Abeal, foi a encargada de clausurar a Asemblea celebrada onte no salón de actos do concello do Barco.

Durante a súa intervención, Sol Mª Vázquez, destacou a importancia dun comercio unido que traballe por un obxectivo común e a necesidade buscar novas oportunidades e renovarse para adaptarse ao novo perfil de cliente e coñecer as súas demandas.

A Directora  Xeral fixo  incapié na necesidade de crear unha marca Valdeorras a través da cal poñer en valor o produto local e vendelo máis aló dos  límetes da comarca.

Ao finalizar a súa intervención, a presidenta da Asociación, Sandra  Moldes, fíxolle entrega dun obsequio para agradecer a súa colaboración.