BASES DO CONCURSO "EU AMO AO PEQUENO COMERCIO"

BASES DO CONCURSO "EU AMO AO PEQUENO COMERCIO"

BASES CONCURSO “ EU AMO AO PEQUENO COMERCIO”


A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES EMPRESARIOS PROFESIONAIS E AUTÓNOMOS DO  C. C. ABERTO DO Barco de Valdeorras (en diante  CCA O Barco), con domicilio social en  C/ España,  nº 1, 32300, O Barco de Valdeorras (Ourense), e  Cif  Nº  G-32320384, con motivo da celebración do día dos namorados organiza o presente concurso, coas seguintes BASES LEGAIS
• Data de comezo e finalización do concurso: desde o 8 de febreiro de 2019, ás 0:00 h ata o 16 de febreiro de 2019 ás 24:00horas. 
• Os clientes que desexen participar  faranse unha foto no interior de calquera dos  negocios  identificados coa  decoración da  campaña “EU AMO AO PEQUENO COMERCIO na que terán que demostrar o seu “amor” polo pequeno comercio.
• Cada participante pode enviar un máximo de 3 fotografías mediante  Whatsapp, ao 698 13 05 64, coa palabra CONCURSO.
• Ditas fotos serán colgadas en Facebook de CCA O Barco (@ CCAObarco)
• As fotos participantes, non teñen por que ser entre parellas, poden participar aquelas fotos que mostren calquera tipo de amor. 
Haberá dúas fotografías gañadoras que serán aquelas que, a criterio dos organizadores do concurso,  representen mellor o  espírito da campaña “ EU AMO AO PEQUENO COMERCIO”. 
PREMIO: 2 ceas e 2 masaxes corporais  para dúas parellas. 
• O resultado do concurso farase público no perfil de Facebook, Twitter  e  Instagram durante a mañá do día 21 de febreiro e a organización poñerase en contacto cos gañadores telefónicamente.
• O resultado do concurso darase tamén a coñecer, para a súa publicación, aos medios de comunicación que CCA O Barco considere oportunos.
• Os gañadores terán de prazo ata o 29 de febreiro para contactar coa organización para aceptar o premio
• Coa súa participación e o envío das fotos mediante  whatsapp, o concursante, con carácter previo, cede expresamente, a facultade de difusión e publicación da súa imaxe nas redes sociais. 
• A organización queda exonerada de calquera responsabilidade polo incumprimento do disposto nestas bases por parte dun participante ou polo  uso indebido que o participante poida facer co premio recibido. 
CONTACTO: obarcocca@obarcoccaberto.com
• Infórmase os participantes e gañadores, que os seus datos persoais só van ser utilizados a efectos de localización para a entrega do premio, non van ser incorporados a ningún ficheiro, nin utilizados con posterioridade á finalización do concurso, non van ser cedidos a terceiros, quedando destruídos no prazo dun mes desde que sexan entregados os premios. 
• Quedan excluídos da posibilidade de participar no presente concurso, os menores de idade, salvo autorización expresa de quen exerza a súa patria potestade. 
• A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

INFORMACIÓN BÁSICA PROTECCIÓN DE DATOS

Informámoslle de que co envío da súa imaxe está a autorizar a que se proceda á publicación da mesma nas nosas redes sociais. 
O RESPONSABLE DO TRATAMENTO será: ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES EMPRESARIOS PROFESIONAIS E AUTÓNOMOS DO  C. C. ABERTO DO Barco de Valdeorras, con  CIF:  G32320384. 
A LEXITIMACIÓN baséase no consentimento expreso do interesado e cuxa FINALIDADE é o tratamento das imaxes para a elaboración do “EU AMO AO PEQUENO COMERCIO” e procedendo á publicación das mesmas nas redes sociais do responsable do tratamento. 
Os datos poderán ser CEDIDOS para a difusión, ademais do posible acceso  incidental por un encargado de tratamento, necesario para o funcionamento do sistema. Devanditos casos quedarán amparados baixo acordos de confidencialidade. 
Pode exercer os seus DEREITOS de acceso, rectificación, cancelación, oposición,  portabilidad ou limitación
Amplíe esta información na nosa política de privacidade:  https://www.obarcoccaberto.com/aviso-legal