BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "YO MIMO A MI MAMÁ"
BASES DO SORTEO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “MI MAMÁ ME MIMA”
- OBXECTO DO SORTEO: O concurso de fotografía “MI MAMÁ ME MIMA” celébrase do 22 de abril ao 5 de maio 2019.
- ENTIDADE ORGANIZADORA: A organización das accións de promoción está promovida por, ASOCIACION DE COMERCIANTES EMPRESARIOS PROFESIONAIS E AUTONOMOS DO C. C. ABERTO DO BARCO DE VALDEORRAS, con CIF G32320384.e domicilio social en Rúa España, 2. 32300, O Barco de Valdeorras, Ourense.
Email: obarcocca@obarcoccaberto.com
- PARTICIPANTES: Aberto a todos os públicos. Poderán participar todas aquelas persoas que realicen unha fotografía na que mostren como coidan e miman as súas nais, a suban as súas redes sociais co hastag #yomimoamimama e nos etiqueten @ccabarco (Facebook, Twitter e/ou Instragram) entre os días 22 de abril ao 5 de maio de 2019.
- A participación no sorteo supón a aceptación de todas e cada unha das bases do concurso e do fallo inapelable do xurado.
- PREMIOS: Realizarase o sorteo dun vale de 40€ entre as persoas que suban as súas fotos nas que mostren como coidan as súas nais co hastag #yomimoamimama e nos etiqueten @ccabarco (Facebook, Twitter e/ou Instragram) entre os días 22 de abril ao 5 de maio, ambos inclusive.
- PARTICIPACIÓN: Para participar no sorteo é necesario subir unha foto as súas redes sociais na que mostren como coidan as súas nais co hastag #yomimoamimama e nos etiqueten @ccabarco (Facebook, Twitter e/ou Instragram)
- PRAZOS: Poderán participar no concurso do 22 de abril ao 5 de maio, ambos incluídos.
- COMUNICACIÓN DO SORTEO: Unha vez concluída a campaña, procederase a realizar o sorteo entre os usuarios que subiron as fotos as súas redes sociais con hastag #yomimoamimama e nos etiqueten @ccabarco . O sorteo realizarase o 9 de maio de 2019 ás 10:30 h. na sede do Barco Centro Comercial Aberto O Barco. Contactarase co gañador a través da mesma rede social á que subiu a súa foto gañadora para informarlle do seu premio e as condicións de recollida do mesmo. No caso en que non se poida contactar cun gañador, o premio quedará deserto. Ao entregar os seus datos persoais, os usuarios aceptan expresamente as condicións das promocións descritas nestas bases de participación.
- RESERVAS E LIMITACIÓNS A ASOCIACION DE COMERCIANTES EMPRESARIOS PROFESIONAIS E AUTONOMOS DO C. C. ABERTO DO BARCO DE VALDEORRAS.- queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados, que impedise a súa identificación. - resérvase o dereito para efectuar cambios que redunden no bo fin do concurso cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo na forma en que recollen as presentes bases. - resérvase o dereito para aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais. - Quedará exenta de toda responsabilidade se concorrer algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o consumo do premio ou que puidese causar o propio premio.
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS. RESPONSABLE DO TRATAMENTO: ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES EMPRESARIOS PROFESIONAIS E AUTÓNOMOS DO C. C. ABERTO DO Barco de Valdeorras, con CIF: G32320384 LEXITIMACIÓN: Consentimento expreso do interesado. FINALIDADE: Xestión e organización de sorteos. DESTINATARIOS: Non se cederán datos a terceiros sen consentimento, salvo obrigación legal. DEREITOS: pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, portabilidad ou limitación. INFORMACIÓN ADICIONAL: Pode consultar a información adicional detallada sobre protección de datos na nosa páxina www.obarcoccaberto.com/aviso-legal/