BASES DO SORTEO "MAMA QUERO SER COMA TI"

BASES DO SORTEO "MAMA QUERO SER COMA TI"

BASES DO SORTEO “MAMÁ QUERO SER COMO TU”

  1. OBXECTO DO SORTEO: A campaña “MAMÁ QUERO SER COMO TU” celébrase do 22 de abril ao 5 de maio 2019.

 

  1. ENTIDADE ORGANIZADORA: A organización das accións de promoción está promovida por,  ASOCIACION DE COMERCIANTES EMPRESARIOS PROFESIONAIS E  AUTONOMOS DO  C. C. ABERTO DO BARCO DE VALDEORRAS, con  CIF  G32320384.e domicilio social en Rúa España, 2. 32300, O Barco de Valdeorras, Ourense.

Email: obarcocca@obarcoccaberto.com

 

  1. PARTICIPANTES: Aberto a todos os públicos. Poderán participar todas aquelas persoas que realicen compras por importe superior a 10 € nos establecementos comerciais asociados ao Centro Comercial Aberto O Barco adheridos á campaña Día do Pai 2019, do 22 de abril ao 5 de maio de 2019.

 

  1. A participación no sorteo supón a aceptación de todas e cada unha das bases do concurso e do fallo inapelable do xurado.

 

  1. PREMIOS: Realizarase o sorteo de 20 vales de 10€ de desconto para próximas compras entre as persoas que realicen compras por importe superior a 10 € nos establecementos participantes na campaña entre os días 22 de abril ao 5 de maio, ambos inclusive.

 

  1. PARTICIPACIÓN: Para participar no sorteo é necesario realizar unha compra por un importe superior a 10€ e encher o boleto que se lle entregará cos datos persoais (nome e  nº de teléfono) e entregalo no mesmo comercio.

 

  1. MODALIDADE DE PARTICIPACIÓN E PREMIOS:

 

    1. CONCURSO  OFF- LINE: Forma de participar: Realizando algunha compra nos comercios adheridos a esta campaña de Centro Comercial Aberto O Barco onde se poderá adquirir un boleto que deberá ser cumprimentado cos datos do cliente e depositado nunha urna situada no propio comercio, ou no espazo definido para iso. O Barco Centro Comercial Aberto O Barco poderá asesorar tecnicamente a todos os usuarios que necesiten axuda para inscribirse, sempre que entre dentro das datas do sorteo e en horario de oficina do Barco Centro Comercial Aberto O Barco de Luns a Venres de 10:00 - 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h. Centro Comercial Aberto O Barco non se fai responsable da participación dos usuarios se estes non realizan correctamente a inscrición dentro do prazo estipulado.
    2. PRAZOS: Poderán participar no concurso do 22 de abril ao 5 de maio, ambos incluídos.
    3. CONDICIÓNS: As Urnas dos comercios cos boletos cumprimentados recolleranse o  día 7 de maio.

 

  1. COMUNICACIÓN DO SORTEO: Unha vez concluída a campaña, procederase a realizar o sorteo entre os usuarios que depositaron o boleto ao realizar algunha compra nos comercios adheridos. O sorteo realizarase o 9 de maio de 2019 ás 10:30 h. na sede do Barco Centro Comercial Aberto O Barco. Extraeranse os boletos de forma aleatoria. Contactarase co gañador vía telefónica para informarlle do seu premio e as condicións de recollida do mesmo. No caso en que non se poida contactar cun gañador, o premio quedará deserto. Ao entregar os seus datos persoais, os usuarios aceptan expresamente as condicións das promocións descritas nestas bases de participación.

 

  1. RESERVAS E LIMITACIÓNS A  ASOCIACION DE COMERCIANTES EMPRESARIOS PROFESIONAIS E  AUTONOMOS DO  C. C. ABERTO DO BARCO DE VALDEORRAS.- queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados, que impedise a súa identificación. - resérvase o dereito para efectuar cambios que redunden no bo fin do concurso cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo na forma en que recollen as presentes bases. - resérvase o dereito para aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais. - Quedará exenta de toda responsabilidade se concorrer algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o consumo do premio ou que puidese causar o propio premio.

 

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS. RESPONSABLE DO TRATAMENTO: ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES EMPRESARIOS PROFESIONAIS E AUTÓNOMOS DO  C. C. ABERTO DO Barco de Valdeorras, con  CIF:  G32320384 LEXITIMACIÓN: Consentimento expreso do interesado. FINALIDADE: Xestión e organización de sorteos. DESTINATARIOS: Non se cederán datos a terceiros sen consentimento, salvo obrigación legal. DEREITOS: pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición,  portabilidad ou limitación. INFORMACIÓN ADICIONAL: Pode consultar a información adicional detallada sobre protección de datos na nosa páxina www.obarcoccaberto.com/aviso-legal/