BASES DO SORTEO “AS TÚAS COMPRAS TEÑEN PREMIO”
BASES DO SORTEO “AS TÚAS COMPRAS TEÑEN PREMIO”
-
OBXECTO DO SORTEO: A campaña “As túas compras teñen premio” celébrase do 8 ao 19 de marzo 2019.
-
ENTIDADE ORGANIZADORA: A organización das accións de promoción está promovida por, ASOCIACION DE COMERCIANTES EMPRESARIOS PROFESIONAIS E AUTONOMOS DO C. C. ABERTO DO BARCO DE VALDEORRAS, con CIF G32320384.e domicilio social en Rúa España, 2. 32300, O Barco de Valdeorras, Ourense. Email: obarcocca@obarcoccaberto.com
-
PARTICIPANTES: Aberto a todos os públicos. Poderán participar todas aquelas persoas que realicen compras por importe superior a 10 € nos establecementos comerciais asociados ao Centro Comercial Aberto O Barco adheridos á campaña Día do Pai 2019, do 8 ao 19 de marzo de 2019.
-
A participación no sorteo supón a aceptación de todas e cada unha das bases do concurso e do fallo inapelable do xurado.
-
PREMIOS: Realizarase o sorteo de 20 vales de 10€ de desconto para próximas compras entre as persoas que realicen compras por importe superior a 10 € nos establecementos participantes na campaña entre os días 8 e 19 de marzo, ambos inclusive.
-
PARTICIPACIÓN: Para participar no sorteo é necesario realizar unha compra por un importe superior a 10€ e encher o boleto que se lle entregará cos datos persoais (nome e nº de teléfono) e entregalo no mesmo comercio.
-
MODALIDADE DE PARTICIPACIÓN E PREMIOS:
-
CONCURSO OFF- LINE: Forma de participar: Realizando algunha compra nos comercios adheridos a esta campaña de Centro Comercial Aberto O Barco onde se poderá adquirir un boleto que deberá ser cumprimentado cos datos do cliente e depositado nunha urna situada no propio comercio, ou no espazo definido para iso. O Barco Centro Comercial Aberto O Barco poderá asesorar tecnicamente a todos os usuarios que necesiten axuda para inscribirse, sempre que entre dentro das datas do sorteo e en horario de oficina do Barco Centro Comercial Aberto O Barco de Luns a Venres de 10:00 - 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h. Centro Comercial Aberto O Barco non se fai responsable da participación dos usuarios se estes non realizan correctamente a inscrición dentro do prazo estipulado.
-
PRAZOS: Poderán participar no concurso do 8 ao 19 de marzo, ambos incluídos.
-
CONDICIÓNS: As Urnas dos comercios cos boletos cumprimentados recolleranse o día 22 marzo.
-
COMUNICACIÓN DO SORTEO: Unha vez concluída a campaña, procederase a realizar o sorteo entre os usuarios que depositaron o boleto ao realizar algunha compra nos comercios adheridos. O sorteo realizarase o 26 de marzo de 2019 ás 10:30 h. na sede do Barco Centro Comercial Aberto O Barco. Extraeranse os boletos de forma aleatoria. Contactarase co gañador vía telefónica para informarlle do seu premio e as condicións de recollida do mesmo. No caso en que non se poida contactar cun gañador, o premio quedará deserto. Ao entregar os seus datos persoais, os usuarios aceptan expresamente as condicións das promocións descritas nestas bases de participación.
-
RESERVAS E LIMITACIÓNS: A ASOCIACION DE COMERCIANTES EMPRESARIOS PROFESIONAIS E AUTONOMOS DO C. C. ABERTO DO BARCO DE VALDEORRAS.- queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados, que impedise a súa identificación. - resérvase o dereito para efectuar cambios que redunden no bo fin do concurso cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo na forma en que recollen as presentes bases. - resérvase o dereito para aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais. - Quedará exenta de toda responsabilidade se concorrer algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o consumo do premio ou que puidese causar o propio premio.
-
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS. RESPONSABLE DO TRATAMENTO: ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES EMPRESARIOS PROFESIONAIS E AUTÓNOMOS DO C. C. ABERTO DO Barco de Valdeorras, con CIF: G32320384 LEXITIMACIÓN: Consentimento expreso do interesado. FINALIDADE: Xestión e organización de sorteos. DESTINATARIOS: Non se cederán datos a terceiros sen consentimento, salvo obrigación legal. DEREITOS: pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, portabilidad ou limitación. INFORMACIÓN ADICIONAL: Pode consultar a información adicional detallada sobre protección de datos na nosa páxina www.obarcoccaberto.com/aviso-legal/