Casa Grande de Viloira

Casa Grande de Viloira

Foi construída en 1637 e sempre estivo vinculada á familia Quiroga. Ten planta rectangular con dous patios interiores rexistrados. O patio máis grande está rodeado, á altura da planta principal, por unha galería pechada; no centro unha fonte de pedra calcaria. O outro patio é semellante pero máis pequeno e máis rico. A capela está dentro do patio, na planta baixa, con acceso desde este pasando pola Sancristía e desde o exterior.