Día do pai 2019 “Papá ti es o máis grande"

Día do pai 2019 “Papá ti es o máis grande"

Papá ti es o máis grande

As túas compras teñen premio

O Día do Pai é unha data sinalada no calendario na que, a quen máis e a quen menos, gústalle agasallar ao seu pai cun detalle para lembrarlle o importante que é na súa vida.

No Centro Comercial Aberto apostamos porque estas compras estean feitas no comercio local e para iso imos poñer en marcha unha nova campaña que incentive e premie a compra no pequeno comercio.

Dende o día 8 ata o 19 de marzo, ambos inclusive, todas as persoas que compren por un importe superior a 10€ en calquera dos establecementos asociados recibirán un boleto, que terán que encher cos seus datos persoais, e co que entrarán no sorteo de 20 vales de 10€ de desconto para próximas compras en calquera dos establecementos adheridos á campaña.

O sorteo dos 20 vales de 10€ de desconto terá lugar o día 26 de marzo ás 10:30 horas nas oficinas do  CCA O Barco.

Consulta aquí las BASES DEL SORTEO