FESTA DOS MAIOS

FESTA DOS MAIOS

La asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco colabora en la tradicional Festa dos Maios, promovida por el Concello do Barco, con la organización de una Feria de artesanía.

La feria, que forma parte del programa de la Festa dos Maios, abrirá sus puertas a las 11:30 horas del lunes 1 de mayo, en la Plaza del Príncipe de O Barco.

Además, el CCA instalará su stand del Voto aberto, dando la posibilidad a los/as vecinos/as que puedan votar por su Mayo o Arco floral favorito. Entre todos las personas que depositen su voto se sorteará un vale de 50€ para invertir en los establecimientos asociados. El horario de votación será de 12:00 a 14:00 horas, y de 17:30 a 18:30 horas.

Por su parte, la asociación también premiará al Mayo o Arco floral ganador del Voto aberto con un vale de 50€.

Los interesados en participar con sus propuestas de Mayo o Arcos florales, además de Coplas, deberán inscribirse en la oficina del CCA O Barco (calle España, 1).

 

BASES DE PARTICIPACIÓN 

PRIMEIRA:

O obxecto deste concurso é o fomento da participación no tradicional Día dos Maios. O concurso terá lugar día o 1 de maio de 2023, entre as 12.00 horas e as 20.00 horas, na Praza do Príncipe do Barco de Valdeorras.

SEGUNDA:

Os importes establecidos para os Maios, en cada unha das dúas modalidades (artísticos e enxebres) son os seguintes:

      -    Un primeiro premio de 300€

  • Un segundo premio de 250€
  • Un terceiro premio de 150€
  • Dous accésits de 50€

Os importes dos premios para as Coplas serán os seguintes:

  • Un primeiro premio de 200€
  • Un segundo premio de 100€
  • Dous accésits de 50€

O premio único estipulado para os participantes na categoría de Arcos florais é un lote de libros.

TERCEIRA:

As persoas físicas ou xurídicas que se presenten a este concurso poden facelo cun único proxecto de actividades ou con varios, valorándose cadanseu dun xeito independente. Deberán atender aos seguintes criterios:

a/ Composición e recitado de coplas. As coplas concursantes deberán estar escritas en galego. Por limitacións de tempo, o xurado poderá indicarlle as persoas participantes que escollan unhas estrofas das súas coplas para ser cantadas, que serán, como mínimo, dez estrofas.
b/ Elaboración e exhibición de Maios. Os Maios poderán ser de feitura enxebre ou artística, utilizando en todos os casos elementos vexetais (non protexidos) como os únicos que sexan visibles no acabado final. Os  Maios deberán estar ás 11:30 horas na praza do Príncipe de Asturias, no lugar que dende a organización se lles asigne e deberán ser retirados da praza ao finalizar o acto. 

c/ Elaboración e exhibición de Arcos florais. Estes elementos poderán ser de feitura enxebre ou artística, utilizando en todos os casos elementos vexetais (non protexidos) como os únicos que sexan visibles no acabado final. Os  Arcos florais serán expostos na praza do Príncipe de Asturias, no lugar que se lles asigne polos membros da organización, e deberán ser retirados da praza ao finalizar o acto. 

CUARTA:
O prazo de inscrición comeza o día 3 e remata o día 29 de abril ás 12 horas e a mesma deberá formalizarse na oficina da Asociación do Centro Comercial Aberto O Barco localizada na rúa España, 1 (a carón do Concello vello), segundo o modelo que se facilitará e que debe incluír os seguintes datos:

- Nome e apelidos da persoa que fai a inscrición e razón social da entidade que representa, se fose o caso.

- NIF ou CIF da persoa que fai a inscrición e razón social social da entidade que   representa, se fose o caso.

As persoas ou asociacións participantes na modalidade de coplas deberán entregar cinco copias das mesmas no momento da inscrición.

QUINTA:

Dada a natureza artística das actividades e traballos obxecto de subvención, os criterios para a valoración das obras son puramente estéticos e artísticos, podendo destacarse os seguintes:

  • Establécense dúas modalidades de Maios: enxebres e artísticos. Maio enxebre é aquel maio tradicional e figurativo que representa pirámides, conos ou cruceiros. Maio artístico é o que recrea, cos elementos tradicionais, figuras, escenas cotiás, monumentos ou obras de arte.
  • En relación aos Maios terase en conta a posibilidade de que sexa transportado por medios non mecánicos e que os elementos estruturais e de fixación estean ben disimulados, quedando á vista exclusivamente a materia vexetal.
  • Nas coplas o xurado valorará a orixinalidade, a retranca, a composición, o ritmo, a extensión e a linguaxe utilizados.
  • Con relación á categoría Arcos Florais valorarase o deseño e a orixinalidade dos mesmos.

SEXTA:

O xurado estará formado por persoas relacionadas coa organización da festa e representativas da vida social e cultural do Barco de Valdeorras, o seu fallo será inapelable e darase a coñecer no propio recinto festivo antes das 20 horas.

SÉTIMA:

A participación na presente convocatoria implica a aceptación das presentes bases.