Gañadores do sorteo da IX Ruta de Pinchos O Barco vai de viños
Gañadores do sorteo da IX Ruta de Pinchos O Barco vai de viños
Xa temos gañadores do sorteo da IX Ruta de Petiscos O Barco vai de viños.
Esta mañá tivo lugar, nas oficinas de AEVA/ CCA O Barco, unha rolda de prensa durante a cal se fixo balance da IX Ruta de Petiscos O Barco vai de viños e deuse a coñecer o nome do petisco gañador e dos 4 gañadores das 4 ceas que se sorteaban.
Durante os 10 días de celebración da IX Ruta de Petiscos O Barco vai de Viños, a valoración dos hostaleiros foi positiva.
Vendéronse aproximadamente 8.800 petiscos nos 27 establecementos participantes, uns 300 máis que na anterior edición, e servíronse preto de 450 menús de botelo nos 9 restaurantes que ofreceron este menú con motivo da celebración da Festa do Botelo (372 no ano 2018).
A pesar de que o frío foi un dos grandes protagonistas desta Ruta de petiscos, este non impediu que a afluencia a estas xornadas fose masiva, do mesmo xeito que en anos anteriores, pero se provocou que a maior afluencia de público concentrásese durante as fins de semana.
En relación co sorteo entre os clientes da Ruta que votaron ao establecemento que, segundo o seu criterio, elaborou o mellor pico/tapa, nas urnas dos establecementos participantes depositáronse un total de 436 papeletas, das cales 342 son válidas e 94 son nulas, por non conter os datos requiridos nas bases, especificamente no que se refire á obrigatoriedade de selar os boletos nun establecemento de cada unha das rutas.
O establecemento que maior número de votos obtivo, foi PULPERIA O DOURADO con 42 votos. ( Piquiño Restaurante 40 votos e Café Teatro Baixo Cinco con 37 votos)
Para poder participar no sorteo das catro ceas para dúas persoas, os participantes tiveron que selar os boletos nun mínimo de cinco establecementos, dos que polo menos un debe pertencer a cada unha das 4 zonas en que se dividiu a Ruta -zona godello, zona mencía, zona doa branca e zona garnacha.
O resultado do sorteo foi:
- Cea para dúas persoas en “Pazo do Castro” doada por Exclusivas Morais: JAIME NEIRA GONZÁLEZ
- Cea para dúas persoas en “ Piquiño Restaurante” doada por Adegas D` Berna: JAVIER RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
- Cea para dúas persoas en “Restaurante Chanfainas”, doada por Distribucións Roca: NEVADITA GUZMÁN RODRÍGUEZ
- Cea para dúas persoas en “Restaurante San Mauro”, doada por Distribucións Anger Valdeorras: CARLOS GARCÍA RODRÍGUEZ