IV NOITE BRANCA O BARCO

IV NOITE BRANCA O BARCO

Nesta campaña, como xa é habitual, queremos aproveitar para ofrecer grandes descontos, incentivando así as compras, e animando aos veciños para saír á rúa para coñecer os comercios rodeados dun ambiente festivo. Ademais a promoción pretende chegar á clientela dos arredores que, atraídos por esta iniciativa, decidan pasar unha noite agradable comprando nos establecementos,  paseando polas rúas do Barco e gozando das actividades de animación. 

Como nas edicións anteriores, os establecementos participantes  terán unha decoración especial, descontos do 20% e ofrecerán sorpresas a todos aqueles que se acheguen aos seus establecementos.

A campaña terá lugar o día 21 de xuño e o horario de apertura dos establecementos ampliarase ata as doce da noite.

Nesta sexta edición participan na campaña un total de 34 establecementos que estarán decorados dunha maneira homoxénea para identificalos.

As actividades que realizaremos serán as seguintes:

-    Ás 20:00 da tarde procederemos ao acto de inauguración da VI Noite Branca no Barco

-    Seguidamente, as alumnas da Academia de Danza  Bayadère ofrecerannos unha actuación da man da súa directora, Nuria, a quen agradezo a súa participación.

-    As Charangas Támega e Lume serán as encargadas de animar as rúas do Barco durante esta noite de compras e lecer.

-    Nos establecementos de hostalería participantes haberá degustacións de petiscos especiais Noite Branca

Este ano contaremos coa inestimable colaboración da Policía Local e de Protección Civil que se ofreceron para axudarnos, para que a noite transcorra da maneira máis tranquila e ordenada posible.