IX Ruta de Pinchos O Barco vai de Viños
IX Ruta de Pinchos O Barco vai de Viños
Hoxe tivo lugar a presentación da IX Ruta de Pinchos O Barco vai de Viños, que se celebrará durante os días 10 ao 20 de xaneiro de 2019, cunha mostra dos petiscos que ofrece cada un dos establecementos de hostalería participantes.
Tal e como se fixo en edicións anteriores:
- Os petiscos específicos da ruta, ou “petisco estrela” cobraranse a prezo de 1,70€.
- En todos os establecementos participantes haberá folletos cun mapa do Barco dividido en 4 zonas, denominadas co nome das variedades de uva da comarca (zona godello, zona mencía, zona doa branca e zona garnacha).
Este folleto inclúe a localización dos establecementos, a denominación do petisco estrela, o horario durante o que se ofrecen e, no seu caso, o día de peche do establecemento.
Fe de erratas. O horario de Bar A Roda (Zona Mencía) é de 13:00 a 15:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas
Nesta edición, pedirase novamente que os clientes valoren os petiscos. Para iso, en os boletos de participación no sorteo, inclúese un apartado en o que se poñerán o nome do establecemento que, segundo o seu criterio, elaborase o mellor pico/tapa.
- Será gañador o establecemento que recibise un maior número de votos, ao que se lle entregará un diploma acreditativo, e publicarase nos medios de comunicación e nas páxinas web e redes sociais das entidades organizadoras o nome e o petisco/tapa do establecemento gañador.
- Nos establecementos haberá tamén boletos de participación, que os clientes deberán selar como mínimo en 5 establecementos nos que consuman o petisco, esixíndose o selo de polo menos un local de cada unha das 4 zonas.
- Aqueles clientes que completasen o boleto, que ha de estar recheo cos seus datos e, necesariamente, ter cuberta a casa co voto para o establecemento que elaborou o mellor petisco, poderán depositalo en calquera das urnas instaladas nos establecementos participantes, ata o día 22 de xaneiro, e poderán participar no sorteo de 4 ceas para 4 parellas.
As empresas que doaron as ceas do sorteo son: Adegas D` Berna, Distribucións Anger Valdeorras, Distribucións Roca e Exclusivas Morais. Aproveito para agradecer publicamente a todas elas a súa colaboración nesta IX edición da ruta.
- O sorteo da ruta terá lugar o día 28 de xaneiro.
- Como é tradicional, os días 19 – festa do botelo- e 20 de xaneiro, os restaurantes colaboradores (Casa Galaica, Cafetería Restaurante Fernando III, Piquiño Restaurante, Polbeira O Dourado, Casa Lameiro, Tapería Ao Natural, Restaurante Tomás, Chanfainas e Cociña do Lareira) incluirán o botelo nos seus menús.
Queremos facer público o agradecemento de AEVA e da Asociación Centro Comercial Aberto ao Concello do Barco, pola súa implicación na organización desta novena edición da Ruta, e aos establecementos de hostalería participantes, que cada ano vanse sumando en maior número e que, coa calidade e orixinalidade de cada unha das súas propostas, lograron a súa consolidación.
Nesta novena ruta incrementouse en 6 o número de locais participantes, sumando un total de 27, polo que decidimos incluír unha cuarta zona, denominada Garnacha, para facilitar a degustación dos petiscos en cada unha das diferentes rutas.