Mosteiro de Xagoaza

Mosteiro de Xagoaza

Igrexa de San Miguel, lugar habitual de vodas e bautizos, está situada a poucos quilómetros do centro, nun lugar que ofrece ao visitante unhas vistas case perfectas, onde polo camiño atopamos varias panorámicas do Barco preciosas. A igrexa data dos séculos XII e XIII e é de estilo románico, mentres que o mosteiro data do século XVIII. O edificio a día de hoxe ten como propietario a unha coñecida adega valdeorresa. Ademais unha #carreiro anexa ao mosteiro leva ao leito do arroio Mariñán que conta con bonitas fervenzas de auga pura mentres outra nos achega a un dos pobos anexos.