Feira do Viño de Valdeorras

A Feira do Viño de Valdeorras ten lugar cada ano para mediados do mes de Julio. Ademais de múltiples actividades de carácter lúdico e festivo entréganse os premios de Cata Oficial dos Viños de Valdeorras, que celebra unha semana antes nas instalacións do Consello Regulador en  Villamartín de Valdeorras.

Mercaberto

MERCABERTO é unha feira de grandes oportunidades na que os comercios participantes teñen a oportunidade de promocionarse e vender os seus produtos dunha maneira diferente e no que, ademais, aproveitando que se achega o final do período de rebaixas, ofrecen grandes descontos.

Festa dos Maios

A festividade de Os Maios anuncia a chegada da primavera e nela as creacións florais son protagonistas. Trátase dunha tradición que se mantén no tempo e que se celebra cada 1 de maio. Os actos desta festa comezan a media mañá na Praza do Príncipe coa apertura dunha feira de produtos de alimentación e artesanía. Posteriormente preséntanse as creacións florais, os maios, que participan nun concurso que organiza o Concello do Barco xunto ao Centro Comercial Aberto. Durante o mediodía, actúan grupos musicais da zona e altérnase con cantos de coplas. Pola tarde, haberá organízanse diversas actividades e acábase coa entrega de premios á mellor creación floral e á mellor copla.A festividade de Os Maios anuncia a chegada da primavera e nela as creacións florais son protagonistas. Trátase dunha tradición que se mantén no tempo e que se celebra cada 1 de maio. Os actos desta festa comezan a media mañá na Praza do Príncipe coa apertura dunha feira de produtos de alimentación e artesanía. Posteriormente preséntanse as creacións florais, os maios, que participan nun concurso que organiza o Concello do Barco xunto ao Centro Comercial Aberto. Durante o mediodía, actúan grupos musicais da zona e altérnase con cantos de coplas. Pola tarde, haberá organízanse diversas actividades e acábase coa entrega de premios á mellor creación floral e á mellor copla.

Festas do Corpus

Tres das rúas máis representativas da zona vella, San Roque, Real e San Mauro, cóbrense de alfombras de flores na festa do Corpus. Os adornos florais son realizados polos veciños do barrio, que en ocasións traballan durante toda a noite para poder ofrecer, desde primeira hora da mañá, as creacións máis orixinais e rechamantes.Tres das rúas máis representativas da zona vella, San Roque, Real e San Mauro, cóbrense de alfombras de flores na festa do Corpus. Os adornos florais son realizados polos veciños do barrio, que en ocasións traballan durante toda a noite para poder ofrecer, desde primeira hora da mañá, as creacións máis orixinais e rechamantes.Tres das rúas máis representativas da zona vella, San Roque, Real e San Mauro, cóbrense de alfombras de flores na festa do Corpus. Os adornos florais son realizados polos veciños do barrio, que en ocasións traballan durante toda a noite para poder ofrecer, desde primeira hora da mañá, as creacións máis orixinais e rechamantes.

Feira de Viloira

A Feira de Viloira ten caracter mensual do Barco e celébrase cada día 6, na localidade de Viloira. É a máis importante da comarca e nela reúnense centos de vendedores e miles de compradores. O clásico “polbo  á  feira” pode degustarse tanto nos postos colocados para o efecto como nos establecementos existentes na praza. Durante toda a mañá podes gozar de compras nos postos.

Páginas