O Barco Antigo

O Barco Antigo

O Barco vello ten o río e o antigo camiño real como referentes. A praza Maior, de forma triangular e aberta ao Sil, é o centro simbólico da Vila. Nela destaca a casa vermella do Casino (1910) con reminiscencias modernistas. Conflúe a praza no seu vértice coa igrexa parroquial de San Mauro (1927), onde comeza a rúa Escura ou de San Mauro, que baixa ao Porto da Barca, antigo embarcadoiro da lancha que unía O Barco con Viloira ata finais do século XIX. A denominación Barco de Viloira é oficial ata 1660. A rúa Real ten casas de señorío, dous delas con escudo, e outras máis modestas, como as da rúa de San Roque, nas que se aprecia a tipoloxía da construción tradicional. Pasando a vía do tren está a Casa de Río Cigüeño (século XVII) que foi cuartel e centro de represión na guerra civil. Agora está rehabilitada para a promoción dos recursos comarcais.