PASARELA "O BARCO DE MODA"

PASARELA "O BARCO DE MODA"

O CCA de O Barco recupera tras varios años de parón o seu desfile de moda. E o fai con moitos cambios, entre eles la ubicación (xa que se vai celebrar no Malecón), e os participantes, xa que os modelos profesionais compartirán pasarela con maniquíes afeccionados. Tamén contará coa presenza da cantante Lucía Pérez, que estrea novo disco Cuatro soles co que celebra 15 anos no mundo da música.

Con este desfile, o CCA O Barco pretende “servir de axuda para impulsar e dinamizar o espazo comercial”, en palabras da súa presidenta, que estivo acompañada polo resto da directiva, de membros da directiva de AEVA, da concelleira de Comercio e Turismo do Barco Irene Dacal, do tenente de alcalde Aurentino Alonso e da presidenta da Federación de Comercio de Ourense Beatriz Gómez, entre outros. Ao fronte da organización, a Agencia Luena de Ourense dirixida por Manu Varela.