Pazo do Castro

Pazo do Castro

frece unha ampla vista sobre a chaira na que se asenta O Barco. Destacan os restos da súa fortaleza, que pertenceu ao longo do tempo ás familias dos Castro, Pimentel e Sarmiento, estes últimos eran os condes de Ribadavia e últimos señores da xurisdición de Valdeorras. Tamén chama a atención a igrexa parroquial, a casa Carballo, con solainas entre arcos a dous niveis, e principalmente o pazo de Flórez, o primeiro segundo éntrase. Data de 1630 e ten unha orixinal fachada con seis arcos dunha pedra vermella do país sobre o amplo soportal. Agora está acondicionado como aloxamento turístico, conservando amoblamento, decoración e obras de arte orixinais. Tamén dispón, nunha palleira anexa, dun pequeno e curioso museo de carruaxes e aparellos de montar.