Reunión do CCA e AEVA coa Directora Xeral de Comercio
Reunión do CCA e AEVA coa Directora Xeral de Comercio
A reunión coa Directora Xeral de Comercio tivo lugar o pasado 30 de outubro en Santiago de Compostela
O pasado mércores, representantes do Centro Comercial O Barco Aberto e da Asociación Empresarial de Valdeorras desprazáronse a Santiago de Compostela onde foron recibidos pola Directora Xeral de Comercio e Consumo de la Xunta, Sol María Vázquez Abeal, para tratar temas relacionados co desenvolvemento do comercio na comarca.
Durante a reunión, a Directora Xeral de Comercio mostrouse moi interesada na realización de plans de desenvolvemento para dinamizar o comercio na comarca e destacou a necesidade de crear e utilizar a marca “Valdeorras” para este fin.