X RUTA DE PINCHOS “O Barco vai de viños”

X RUTA DE PINCHOS “O Barco vai de viños”

O Barco de Valdeorras celebra a súa X Ruta de Pinchos “O Barco vai de viños” do 9 ao 19 de xaneiro. Unha cita gastronómica que organiza a Asociación Centro Comercial Aberto, a Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA) e o Concello do Barco.

Este 2020, un total de 23 establecementos hostaleiros da localidade súmanse á campaña elaborando o seu “pincho estrela” que ofrecerán aos seus clientes polo prezo de 1,70€. Os locais organízanse en tres zonas diferenciadas que levan por nome variedades de uva da comarca: zona Mencía (Casa Lameiro, Cafetería Lisboa, Casa Galaica, Bar La Galería, Bar Makoki, Cafetería Rest. Fernando III, Pulpería El Dorado e La Gran Tortuga), zona Godello (13/14, La Pampa, Café Bar Divino Paseo, Vinum, Café Bar Xanadú, La Maltería, Piquiño Restaurante, La Querida) e zona Dona Branca (Café Bar San Roque, Il Piacere Gastrobar, Excalibur, Veira Sil, Taberna O Buraco, Tapería Al Natural, Bajo 5).

Ademais, sete restaurantes de O Barco (Tapería Al Natural, Pulpería El Dorado, Cafetería Restaurante Fernando III, Casa Galaica, Piquiño Restaurante, Casa Lameiro e La Gran Tortuga) ofrecerán botelo como prato principal (previa reserva) os días 18 e 19 de xaneiro, coincidindo coa Festa do Botelo do Barco.

Os clientes participantes na X Ruta de Pinchos “O Barco vai de viños” deberán selar o seu boleto, que lles entregarán os hostaleiros, nun mínimo de cinco establecementos (polo menos un selo de cada zona) para participar no sorteo de catro ceas para catro parellas. Ademais, poderán valorar o mellor petisco de todos os elaborados na campaña. Os boletos selados depositaranse ata o 21 de xaneiro de 2020 en calquera das urnas instaladas nos establecementos participantes.