Campaña Día da Nai

Campaña Día da Nai

Dia da Nai 2019

DÍA DA NAI 2019. “MAMÁ  QUERO SER COMA TI”
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA # YOMIMOAMIMAMA
Con motivo do Día da Nai no Centro Comercial Aberto O Barco poñemos en marcha unha nova campaña que terá lugar entre os días 22 de abril e 5 de maio.

Con esta iniciativa tratamos, unha vez máis, de incentivar e premiar as compras que se realicen no pequeno comercio. Do mesmo xeito que se fixo durante a pasada campaña do Día do Pai, os comercios repartirán entre os seus clientes boletos para entrar no sorteo de 20 vales desconto de 10€ para gastar nas súas próximas compras en establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto. 

Nesta ocasión imos poñer en marcha un novo concurso de fotografía denominado “Eu mimo á miña mamá” no que propoñemos aos usuarios das redes sociais a que nos envíen unha fotografía na que mostren como coidan e consenten ás súas nais. 

As fotografías que realicen terán que subilas ás súas redes sociais (Facebook, Twitter e/ou  Instagram) co  hastag # yomimoamimama e deberán  etiquetar ao Centro Comercial Aberto @ ccabarco

Os participantes no concurso entrarán no sorteo dun vale de 40€ para gastar en establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto.

O sorteo dos 20 vales de 10€ de desconto e do vale de 40€  terá lugar o día 9 de maio ás 10:30 horas nas oficinas do  CCA O Barco.
 

Consulta las bases del sorteo

Consulta las bases del concurso de fotografía